Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

17/12/2018

DESPUNTE 2018 | MÓNICA RODRÍGUEZ RECIBE O RECOÑECEMENTO DESPUNTE 2018

DESPUNTE 2018 | MÓNICA RODRÍGUEZ RECIBE O RECOÑECEMENTO DESPUNTE 2018

Fotografía: Yolanda Outeda.

O pasado venres, 14 de decembro, tivemos ocasión de ver o traballo do alumnado de moda e xoiaría no desfile anual que, baixo o nome de Despunte, se celebra na Cidade da Cultura. Un ano máis o alumnado de moda foi premiado nas súas diferentes categorías por un xurado de excepción que nesta edición estivo integrado por:

  • Gene Cabaleiro, deseñador de moda
  • Patricia Chao, deseñadora e propietaria de Tartaruga
  • Jacobo Gayo, fotógrafo especializado en moda 
  • Belén Otero, deseñadora e socia de La Pipa de la Paz e exalumna
  • Ana Lago, en representación de Gadisa

Logo dunha longa deliberación, o xurado outorgou os seguintes recoñecementos:

  • Recoñecemento á Mellor Colección Despunte para Mónica Rodríguez Varela pola súa colección Bichos, patrocinado por Gadisa.
  • Recoñecemento á Mellor Colección Miscelánea para Paula Galeote Conde por Mental.
  • Recoñecemento á Mellor Colección Fusión Artesanía e Moda para Noemí Montenegro Omil por Mell, patrocinado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Ademais, o alumno Miguel Duarte Tallón recibiu o Premio Extraordinario nas Ensinanzas Superiores de Deseño 2017/18 na especialidade de Deseño de Produto.

Durante o evento, o alumnado do Ciclo Superior de Fotografía inmortalizou os mellores momentos da noite, que se poden ver a través das imaxes difundidas desde as nosas redes sociais.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria