Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

12/12/2018

DESPUNTE 2018 | 10º DESPUNTE PARA AS NOVAS XERACIÓNS DE DESEÑADORES DA EASD MESTRE MATEO

DESPUNTE 2018 | 10º DESPUNTE PARA AS NOVAS XERACIÓNS DE DESEÑADORES DA EASD MESTRE MATEO

Fotografía: Arancha Brandón. Deseño: Mateo Arnoso. Colección 1.

Santiago, 12 de decembro de 2018. O venres 14 de decembro, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo celebra a 10ª edición do desfile DESPUNTE na Cidade da Cultura. Na pasarela poderemos ver as coleccións realizadas polo alumnado das Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda graduado no curso 2017/2018. Estas coleccións nas que a temática é totalmente libre forman parte do seu Traballo Final de Estudos co que rematan a súa etapa como alumnado e dan o salto ao mundo profesional. Alumnado e profesorado da Mestre Mateo anda nestes días inmerso na preparación desta importante cita. 

Como en anteriores edicións do DESPUNTE, a EASD Mestre Mateo reunirá a preto de 1000 convidados/as entre representantes de empresas, organismos oficiais, comunicadores/as, deseñadores, artesáns… ademais de familiares e compañeiros/as do alumnado.
O esforzo realizado pola Escola para organizar cada curso este desfile vese compensada polo crecente interese das empresas do sector que se achegan a coñecer de primeira man o talento e o bo facer dos profesionais formados na Mestre Mateo. 
Moitas destas empresas teñen convenios de colaboración coa EASD Mestre Mateo para acoller alumnado en prácticas: Adolfo Domínguez, Ana Muñiz, Atexga, Bimba y Lola, Carmen Vazquez, CDP. Cuestión de Piel, Cointega, Comercial Textil Saroni, Confecciones Guerral, CTVMedia, D`aquela, D-due, Elsavadeboda, EmeMode, Encuentro Moda, Etiem Textil, Florentino, Gallupo Sport Clothes, Grupo Inditex, Itmen, Kusilas, María Barros, Nanos Moda, Monsardi Gonzabell, Pili Carrera, Poe&You, Producción Atlántida Media, Roberto Verino, Sociedad Textil Lonia (Purificación García + CH Carolina Herrera), Selmark, Tartaruga, Unipeku (Idoia Cuesta), Vilagallo Retail, Viriato, Zenit Tv...
Nesta edición, contaremos co desprazamento até a Cidade da Cultura dunha representación do equipo de RRHH de Inditex para realizar unha xornada de talent recruitment cos deseñadores.

Dentro da programación do evento poderemos ver tamén varias microcoleccións que integran os proxectos realizados no 3º curso da titulación e que ano tras ano, conseguen sorprender ao público asistente que marcha con ganas de ver o que presentarán na seguinte edición formando parte dos seus Traballos Finais de Estudios. 
Contarase tamén cos proxectos do alumnado de Xoiaría, cas suas pezas concebidas como “Xoias de autor”, se atopan a medio camiño da “Xoiaría tradicional e contemporánea” mesturando materiais (plata, latón, porcelana, madeira ou plástico) e técnicas diversas. 
As/os alumnas/os incorporan nos seus deseños o traballo de distintos metais dende puntos de vista actuales acordes coas suas inquedanzas. Fabrican as súas propias pezas que abranguen distintas tipoloxías (colares, broches, pendentes, máscaras, cinto...) descubrindo as tendencias do seu contexto.
Os distintos deseños, producto de procesos experimentais, constitúen un punto de partida na traxectoria persoal e individual do alumnado. 

 

As propostas de partida para as coleccións que forman parte dos TFE (Traballo Final de Estudios) son totalmente libres.  Neste curso poderemos ver sobre a pasarela coleccións inspiradas na natureza, a ensoñación e o mundo onírico, a metamorfose e a amalgama de texturas e cores, os volumes que ofrece o layering, a elegancia dos anos 40 e 50 e a irreverencia do punk, son algunhas das temáticas reflectidas no Despunte 2018. Sete coleccións inspiradas en temas do pasado e do presente, con liñas masculinas e femininas, incluíndo a temática da violencia de xénero: cada unha das coleccións que veremos a tarde do venres 14 ten detrás unha historia propia,  ademais de moito talento e moitas horas de traballo invertidas nesta presentación ao mundo profesional.

Ao final do desfile, un xurado elixirá a mellor colección Despunte e mellor colección Miscelánea 2018 patrocinados por Gadis, e otorgará outro premio como Mellor colección Fusión Artesanía e Deseño de Moda, patrocinado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. O xurado desta edición estará formado por:

Gene Cabaleiro, deseñador de moda
Patricia Chao, deseñadora e propietaria de Tartaruga
Jacobo Gayo, fotógrafo especializado en moda 
Belén Otero, deseñadora e socia de La Pipa de la Paz e exalumna
Pendente de confirmación.
Entregarase tamén o Premio extraordinario nas Ensinanzas Superiores de Deseño 2017/18 na especialidade de Deseño de Produto.

A organización desta edición do desfile apoiase tamén nas colaboracións do “CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) Someso” de A Coruña para perruquería e maquillaxe dos modelos, “Galicia Calidade”, “Fundación Cidade da Cultura de Galicia”, “Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño”, e “Gadis”.
A cobertura gráfica e audiovisual do desfile será realizada, como en anteriores ocasións, polo alumnado do CS de Fotografía da EASD Mestre Mateo, que dende primeira hora da mañá documentará todo o que acontece nesta xornada.

Para máis información sobre a Escola (oferta educativa, historia, ...) podedes consultar a nosa web www.easd.es e tamén podedes seguir os preparativos do desfile no Facebook: EASD Mestre Mateo ou no instagram @easdmestremateo

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria