Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

19/11/2016

DESPUNTE | Éxito do desfile anual da Mestre Mateo

Un ano máis Despunte acolle o traballo do alumnado de Deseño de Moda e Xoiaría, un escaparate da Mestre Mateo que cada ano segue a consolidarse.

A eso das 20.30 horas iniciouse o desfile cos Traballos Finais de Estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda, para a continuación presentar os traballos de 3º curso e, finalmente, do alumnado do Ciclo Superior de Xoiaría Artística. O evento foi cuberto polo alumnado do CS de Fotografía que tamén se imparte no noso centro, e o encargado da maquillaxe e peiteado das modelos foi o alumnado do CIFP Someso.

As grandes estrelas da noite foron as tres premiadas en cadansúa categoría: a alumna Noelia Nogueiras alzouse co Premio Despunte á Mellor Colección realizada no marco do Traballo Final de Estudos, patrocinado por El Corte Inglés; a alumna Beatriz Nogueira recibiu o premio Miscelánea á Mellor Colección de traballos de 3º curso, patrocinado por Nubbe Clothes; e o Premio Mellor Look Fusión Artesanía e Moda, patrocinado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, recaeu sobre Verónica Marí. Unha velada conducida polo presentador e profesor Marcos Méndez e chea de sorpresas, na que puidemos contar coa presencia do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Román Rodríguez González, e de diferentes persoeiros do eido da moda e o deseño.

Pódese atopar máis información e imaxes nas seguintes ligazóns coas crónicas relatadas desde distintos medios de comunicación, institucións...

  • http://www.cidadedacultura.gal/es/evento/despunte16
  • https://www.edu.xunta.gal/centros/cifpsomeso/galeria/thumbnails.php?album=61
  • http://www.crtvg.es/informativos/os-alumnos-da-escola-mestre-mateo-de-moda-presentan-as-suas-creacions-no-desfile-despunte-2465180
  • https://www.facebook.com/fcgadpage/posts/1290525717644442#
  • http://www.elcorreogallego.es/fotos/ecg/compostela-ciudad-vistas/idgaleria-6474/idimagen-236
  • http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/escuela-arte-mestre-mateo-celebra-cdc-desfile-despunte/idEdicion-2016-11-01/idNoticia-1024946/
  • http://www.blogs.elcorreogallego.es/fotos/ecg/desfile-moda-despunte/idGaleria-5587/idImagen-30/
  • http://www.blogs.elcorreogallego.es/santiago/ecg/novos-talentos-da-moda-galega-conquistan-cidade-da-cultura/idEdicion-2016-11-05/idNoticia-1025568/
  • http://bodas.elcorreogallego.es/tendencias/fotos/?bsqBuscar=bsqBuscar&bsqFecha=06.05.2012&anoCalendario=2012&mesCalendario=5
  • http://www.galiciahoxe.com/fotos/gh/desfile-moda-despunte/idGaleria-5587/idImagen-1/
  • http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/11/05/despunte-intimismo-gaias/0003_201611S5C10993.htm
  • ...

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria