Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

08/11/2017

DESEÑO E INNOVACIÓN| A EASD Mestre Mateo sede da reunión do proxecto europeo Design4Innovation

DESEÑO E INNOVACIÓN| A EASD Mestre Mateo sede da reunión do proxecto europeo Design4Innovation

No marco do proxecto  “Design for Innovation” (Interreg Europe), no que participa a GAIN , durante os días 7 y 8 celebrouse en Santiago de Compostela un evento destinado a analizar as mellores prácticas de apoio financeiro á innovación e o deseño,  no que asistiron unha importante representación dos socios europeos participantes neste proxecto.

A EASD Mestre Mateo acolleu durante a xornada do martes, a xornada de traballo na que participaban representantes de organismos públicos e privados europeos, relacionados coa promoción da innovación e o deseño, para presentar, analizar e debatir os diferentes marcos de axudas de tipo financieiro que cada socio aplica.

Durante esta xornada celebrada na EASD Maestre Mateo, presentouse a futura estratexia de deseño desenvolvida por un socios (“Design of Latvia 2020”) e que servirá de referencia para o desenvolvemento dos diferentes Plans de Acción de Deseño, que cada un dos socios deberá elaborar no marco do proxecto  “Design for Innovation”.

No evento participaron reponsables dos seguintes organismos:

PDR Cardiff Metropolitan University (Gran Bretaña).
Flanders Innovation & Entrepreneurship (Bélgica).
Marshal's Office of Silesia Region, Silesian Government (Polonia).
Investment and Development Agency of Latvia (Letonia).
KEPA - Business and Cultural Development Centre (Grecia).
Culture Directorate, Ministry for Justice, Culture and Local Government (Malta).
Barcelona Design Centre  y GAIN (España)

Máis información: https://www.interregeurope.eu/design4innovation/

 

 

 

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria