Ábrese un novo prazo de inscrición para a realización de probas extraordinarias de acceso no mes de setembro, para Deseño de Interiores e Deseño de Produto.
ACCESO A DESEÑO DE PRODUTO:
Prazo de inscrición: ata o 3 de setembro, na secretaría da EASD Mestre Mateo
Proba de acceso: 4 de setembro na EASD Ramón Falcón, de Lugo
A exposición realizarase o día das probas de acceso específicas (9 de xullo de 9:00 e 19:00h) e amosa os resultados dun exercicio realizado por alumnado de 3º curso das Ensinanzas Superiores de deseño de Moda, na disciplina de Fotografía de Moda. As imaxes amosan tamén prendas e accesorios de moda deseñados por eles mesmos noutras das disciplinas que cursaron neste curso 2014-2015. Desta forma, o exercicio permite ao alumnado non só aprender a manexarse cos instrumentos e formatos da fotografía de moda, senón tamén para ir incorporando imaxes de calidade ao seu portfolio profesional.
Na mostra veremos fotografías de gran formato, ao estilo dos editoriais de moda e da publicidade de moda.
Na última semana de clase deste curso 2014-2015, o alumnado de Escultura da Mestre Mateo tivo a oportunidade de participar no obradoiro "Aplicación polímeros sintéticos en Escultura", impartido por Juan José Argibay Sampedro, ex alumno da Escola e responsable de Artelleira (Aguiño)
Durante esta semana, os alumnos/as realizaron modelado, vaciado, moldes de silicona e resina, reproduccións...
Como todos os cursos, o profesorado do ciclo de escultura organiza un obradoiro complementario aos contidos do currículo no que teñen oportunidade de participar todos os alumnos da especialidade.
Podedes ver máis imaxes do obradoiro no Facebook da EASD Mestre Mateo https://www.facebook.com/media/set/?set=a.919982508074464.1073741915.139268562812533&type=3
Pódense consultar as cualificacións definitivas da proba específica, así como o resto da información relacionada co acceso nesta ligazón.