Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

05/07/2014

ESCULTURA | David Leirós gaña o I Certame de Escultura Francisco Asorey

ESCULTURA | David Leirós gaña o I Certame de Escultura Francisco Asorey

A OBRA PRESENTADA POR DAVID LEIROS ARAÚJO, ALUMNO DE ESCULTURA NA EASD Mestre Mateo GAÑADORA DO I CERTAME DE ESCULTURA FRANCISCO ASOREY.

O xurado do I Certamen de Escultura Francisco Asorey que decidiu concender o premio a David Leirós Araújo estivo formado por Alicerce Congostra López, representando á Secretaría Xeral de Cultura, o escultor Manolo Paz, en representación da Diputación de Pontevedra, Marta Lucio Gómez, directora do Museo do Mar de Galicia, o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, así como Carmen Asorey e José Manuel Asorey, presidenta e presidente de honra, respectivamente, da Asociación Francisco Asorey.

O concurso, que naceu este ano co gallo do 125 aniversario do nacemento do escultor cambadés, logrou convocar 24 propostas, todas realizadas por artistas menores de trinta anos.

David Leirós Araujo resultou gañador deste certame coa súa obra titulada "Contrabasse", dotado cun premio en metálico de 6000€ e coa organización dunha exposición das súas obras en Cambados.A peza permanecerá exposta durante os próximos dous anos nas dependencias do Concello de Cambados, para despois pasar a formar parte das obras que integran a colección da Asociación Cultural Francisco Asorey.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria