Sala de exposicións EASD MESTRE MATEO
Na sala de exposicións da Escola pode visitarse unha mostra de traballos realizados durante o curso 2011-2012 polo alumnado do Ciclo Superior de Artes Aplicadas da Escultura. Esta mostra colectiva recolle traballos presentados nos proxectos finais de carreira, e obras realizadas nos diferentes talleres do ciclo (talla en madeira, talla en pedra, forxa artística, baldeirado ou volume).
A mostra poderá visitarse ata finais de setembro.
A última sesión da Galicia Fashion Week estivo centrada nos deseñadores emerxentes, coa presentación de propostas no marco da ZONA ZERO e da ZONA E.
No certame ZONA ZERO (1 estilismo), aberto a estudantes de Deseño de Moda, a gañadora foi Tania Martínez, alumna de 3º de Deseño de Moda na EASD Mestre Mateo. O premio consistiu nunha sesión fotográfica cunha modelo profesional.
Na ZONA E (4 estilismos), para deseñadores emerxentes que presentaban unha colección cun mínimo de 4 estilismos, a gañadora foi Verónica Ouro, recén titulada en Diseño de Moda na EASD Mestre Mateo. Neste espazo o premio consiste nun stand no Espacio Ego da Semana Internacional de la Moda de Madrid.
Do 10 ao 15 de xullo, Santiago de Compostela acolleu a VII edición da Galicia Fashion Week, convertindo nunha edición máis á cidade en capital e escaparate da creación galega. Durante toda a semana se celebraron desfiles e actividades relacionadas co mundo da moda.
website - galicia fashion week