28/01/2021
PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PARA ESTUDOS
Publicouse a convocatoria de mobilidades Erasmus+ de estudantes para estudos para o vindeiro curso 2021/2022.
Podedes consultar as bases da convocatoria aquí: CONVOCATORIA
Haberá unha reunión informativa o venres 5 de Febreiro vía Webex. Para participar na reunión envía un correo electrónico a erasmus (at) easd. es
Toda a info: http://www.easd.es/gal/internacional/erasmus-/outgoing/estudos-sms
27/01/2021
Suspension da actividade lectiva presencial ata o 18 de febreiro
No DOG 26 bis, publicado onte minutos antes das 00:00 horas do 27 de xaneiro publicouse a
ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021, e estenderán a súa eficacia ata o 17 de febreiro de 2021.
Entre outras medidas dispón que:
4.2. Suspendese a actividade lectiva presencial durante o período a que se estenda a eficacia da medida, conforme o punto cuarto da orde, nos seguintes centros educativos de réxime especial:
2º) Escolas de arte e superior de deseño
A Escola activará o antes posible o ensino telemático.
En principio, e según o contemplado nos nosos protocolos, cumpriremos os mesmos horarios pero de xeito telemático mediante o aula virtual e a plataforma weebex tal e como recollen as programacións docentes dende hoxe. Tendo o alumnado obriga de participación e entrega de todos os traballos marcados nesta docencia telemática.