Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

14/01/2016

CONFERENCIAS MM| A ARTE DA CINEMATOGRAFÍA, con Alberte Branco

CONFERENCIAS MM| A ARTE DA CINEMATOGRAFÍA, con Alberte Branco

O venres 15 ás 12 no Salón de Actos da EASD Mestre Mateo, CONFERENCIA MM: A ARTE DA CINEMATOGRAFÍA, con Alberte Branco.

Seguimos cos plans cos que inauguramos o 2016: organizar unha conferencia aberta a todo o alumnado da Escola con aqueles profesionais que se achegan ata a Mestre Mateo para impartir un obradoiro nalgunha das especialidades impartidas.

Alberte Branco estará impartindo a vindeira semana un obradoiro titulado A Arte da Cinematografía, dirixido ao alumnado de 2º curso do CS de Fotografía, pero antes, convídamolo a facer a introdución dese obradoiro o venres no salón de actos nunha conferencia aberta ao público.

Alberte Branco é director de fotografía e conta cunha exitosa traxectoria profesional de 10 anos nos que traballou en longametraxes como Vilamor, Encallados, Os Fenómenos..., ademáis de documentais, curtametraxes, programas de tv, series de ficción...

O seu traballo, versátil e con personalidade, caracterízase por fusionarse co proxecto que teña entre mans e loitar ata levar a ollada do director ou directora á pantalla. Consegue este obxectivo coas ferramentas que domina: o encadre, o movemento, o espazo, o tempo, a luz e as texturas. Todos estes elementos fusiónanse na arte da Cinematografía, un oficio que ama con paixón, defende e pon en valor en cada traballo que fai.

Este bo facer veuse recompensado con premios coma os seguintes:

  • Mellor Dirección de Fotografía na 24 Edición do Festival de Cine Ibero-Americano Cine Ceará ( Fortaleza-Brasil) por “Os Fenómenos”
  • Mellor Dirección de Fotografía nos XII Premios Mestre Mateo(2014) por “Encallados”
  • Mellor Dirección de Fotografía nos XI Premios Mestre Mateo( 2013) por “Vilamor”
  • Best Cinematography en New York City International Film Festival (2012) por “Vilamor”
  • Nominacións aos XIII e IX Premios Mestre Mateo por “Os Fenómenos” e “Vilamor”

 

Estades todxs convidadxs a coñecer cal é o traballo dun director de fotografía o venres ás 12 da man de Alberte Branco






10/01/2016

CONFERENCIAS MM| Cenlitrosmetrocadrado

CONFERENCIAS MM| Cenlitrosmetrocadrado

Este martes 12 de xaneiro ás 12:30 no salón de actos temos a primeira Conferencia MM do 2016.

Achegádevos a coñecer de cerca o traballo do estudio cenlitrosmetrocadrado.
Cenlitrosmetrocadrado é un estudio de deseño e comunicación composto polos deseñadores Xabier Rilo, Ricardo Tubío e Manuel del Río e unha ampla rede de colaboradores externos en outros eidos tanxenciais á propia actividade do estudio.
Cunha identidade de marcado carácter atlántico desenvolve proxectos que van dende o deseño gráfico, de produto e de espazos ata a coordinación de equipas de traballo en ámbitos creativos.

Aberto ao público en xeral ata completar aforo
http://cenlitrosmetrocadrado.com

Organiza: Deseño de Produto






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria