O pasado venres 23 de enero, Xosé Alberte Cea, orientador laboral deu unha charla para o alumnado dos últimos cursos das 6 especialidades que se imparten na Escola.
Como podedes ver na imaxe, o salón de actos da Escola estivo abarrotado para escoitar os consellos de Xosé Alberte Cea sobre Identidade profesional no mercado laboral da economía dixital.
Gracias a Andrés pola foto.
Fai uns días, alumnado de Fotografía da EASD Mestre Mateo achegouse ao Museo do Pobo Galego para visitar a exposición Barriga Verde, de feira en feira.
Na imaxe vemos aos alumnos/as e a súa profesora posando para unha cámara minutera. Os fotógrafos minuteros recorrían feiras e festas, retratando á xente diante de decorados ou paneis con buratos para que os modelos meteran as cabezas, sendo pioneiros en popularizar a fotografía como unha disciplina artística na que case todo, dende as cámaras ata os decorados eran confeccionados por eles mesmos.
O salón de actos da EASD Mestre Mateo acollerá este venres 23 de xaneiro ás 11.30 h. unha conferencia sobre a Identidade Dixital no novo escenario do mercado laboral, a cargo do orientador laboral Xosé Alberte Cea. A entrada é libre até completar aforo.
A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo participa na Feira Internacional de Moda Infantil (FIMI) na sección de Escolas (Nuditos) que se celebra no Madrid Arena do 17 al 19 de xaneiro.
No stand da EASD Mestre Mateo, de 18m2 , poderanse ver complementos de moda, produtos de decoración, e coleccións de moda realizadas polo alumnado.
O domingo ás 13:00 a Escola participará tamén nos desfiles da FIMI FASHION WEEK de Madrid, coas propostas creativas para neno e nena de 6 y 8 anos de sete alumnos/as: Adriana Cabado Trigo, Rosalía Castro Tubio, Estefanía González Rodríguez, Borja Puga Varela, Raquel Sousa Vila, Alba Souto Alcalde y Laura Vega Rodriguez.