Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

30/01/2013

FOTOGRAFÍA | Sesión fotográfica en Arturo Álvarez

FOTOGRAFÍA | Sesión fotográfica en Arturo Álvarez

Sesión fotográfica para a creación dun Catálogo de Arturo Álvarez.

O pasado 30 de xaneiro algúns alumnos e alumnas da Escola colaboraron como modelos para o próximo catálogo de Arturo Álvarez.

O alumnado de 2º curso do Ciclo de Fotografía Artística aproveitou a ocasión para asistir á sesión fotográfica acompañados dos seus profesores, e poder seguir todo o proceso no estudo da empresa.

arturo-alvarez






22/01/2013

CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN DE XOIARÍA 2013

Os cursos de especialización ofertados pola EASD Mestre Mateo en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia son o resultado da cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Consellería de Economía e Industria.

Estes cursos tentan ser un espazo de relación para os profesionais da xoiaría de toda Galicia. Estes cursos tratan de buscar un punto de encontro no que sexan compartidas experiencias e
coñecementos, así como pór en contacto aos membros do sector. Trátase de afondar diferentes aspectos formativos do ámbito da xoiaría que ao non ser considerados pilares básicos destas ensinanzas, tradicionalmente quedan fóra da formación académica.

Os cursos son impartidos por profesionais de prestixio de sobrada experiencia na materia.

Inscrición
A inscrición dos cursos realizarase na secretaría da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, presentando unha instancia de solicitude por cada curso que se desexa cursar.
A demanda de solicitudes para profesionais levarase a cabo en estricta orde de recepción ata completar o total das prazas ofertadas. A demanda de solicitudes para estudantes levarase a cabo en estricta orde de expediente académico dos módulos superados ata completar o total das prazas ofertadas. No caso de non cubrirse algunha das modalidades de acceso, as prazas vacantes pasarán a engrosar a oferta do outro grupo.

A superación do curso acreditarase coa correspondente certificación das entidades.






17/01/2013

CONFERENCIA | Gastronomía e deseño, por Marcelo Tejedor

CONFERENCIA | Gastronomía e deseño, por Marcelo Tejedor

Marcelo Tejedor na EASD Mestre Mateo.

Marcelo Tejedor, chef do seu propio restaurante Casa Marcelo, achegouse á Escola a falar cos nosos alumnos sobre Gastronomía e Deseño.

Marcelo explicounos o difícil que é aplicar a creatividade no seu traballo e de como foi quen de xerar confianza nos clientes para que se deixen levar polas experiencias gastronómicas que prepara.

Falou dos seus pratos do 50% e do 90%, da dificultade engadida da variabilidade das materias primas, das súas fontes de inspiración e da metodoloxía que emprega no seu traballo.

O público asistente tivo oportunidade de probar unha das súas últimas innovacións: crema de langostinos en aerosol.


Fotografía realizada por Cristina Montouto Vilela, alumna de 1º de Fotografía Artística






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria