Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

18/09/2019

Xornadas Apertura EASD Mestre Mateo

Xornadas Apertura EASD Mestre Mateo
A próxima semana, o mércores 25 e o xoves 26 de setembro, non perdas as Xornadas Apertura EASD Mestre Mateo, organizadas pola EASD Mestre Mateo e a Fundación DIDAC, coa colaboración do CGAC-Centro Galego de Arte Contemporánea.
Consulta o programa completo aquí e o díptico. Por unha banda, o taller do deseñador Isaac Piñeiro e por outra charlas de David Barro, que falará das relacións entre arte e deseño, xa sexa gráfico, de produto, de moda, e a súa relación tamén co universo da xoiaría; de Christian García Bello, que falará dos procesos escultóricos; ou o propio Isaac Piñeiro sobre proxectos no deseño. Tamén haberá conversas sobre fotografía (con Santiago Olmo, director do CGAC) ou deseño e moda (Nuria Carballo). Así como a presentación do derradeiro proxecto de Luis Seoane, que estaba a facer coa artesá Mª Elena Montero, que estará presente para revelar detalles sobre os tapices e a empresa que estaban a fundar.
#deseño #moda #xoiaría #fotografía #complementos #marcas #conceptos #marketing #artesanía #ideas #pensamentocreativo #tendencias #easd #somosmestremateo #eucreoticreas #apertura #deseñodeproduto #deseñodemoda #fundacióndidac #didac #SantiagoOlmo #DavidBarro #NuriaCarballo #IsaacPiñeiro #ChristianGarcíaBello #CarmelaMontero #MaríaElenaMontero





17/09/2019

Aberto o V Concurso de Imaxe D. Joaquín M. Díaz de Rábago

Aberto o V Concurso de Imaxe D. Joaquín M. Díaz de Rábago

Aberta a nova convocatoria do V Concurso D. Joaquín M. Díaz de Rábago de Imaxe para a creación de obra gráfica para agasallo a empresas.

Poden participar todas as alumnas e alumnos matriculados neste curso na Escola, e máis as persoas matriculadas nos dous cursos anteriores.

Data de entrega dos sobres o 8 de Novembro de 2019.

Primeiro premio de 500€ e Accesit de 200€.

Aquí tedes as bases da convocatoria: BASES






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria