Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

27/09/2013

MODA | A ex-alumna de Moda Mónica Guillán, gañadora do I Certame de novos deseñadores PONMO

MODA | A ex-alumna de Moda Mónica Guillán, gañadora do I Certame de novos deseñadores PONMO

A ex-alumna Mónica Guillán foi a gañadora do certame de deseñadores noveis Mara Martín PONMONOVO, que tivo lugar o pasado venres no Recinto Feiral de Pontevedra. A xoven deseñadora deslumbrou ao xurado coa súa última colección: All the queen's men, sendo galardoada co primeiro premio, dotado con 900 euros e diversas accións promocionais ao longo do ano coa colaboración das Bodegas Martín Códax, empresa patrocinadora do concurso.

Xunto a Mónica Guillán e entre os 10 finalistas que desfilaron participaron varios alumnos e ex-alumnos da EASD Mestre Mateo: Óscar González, Irene Varela, Verónica Ouro, Érase que se era, Sandra Fuentes e Charry Lamprea. Felicidades a todos eles!

 Fotografía by C. Pontanilla






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria