Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

26/10/2015

CONCURSO | I Concurso de Imaxe para o agasallo para Empresas colaboradoras - Bases modificadas

CONCURSO | I Concurso de Imaxe para o agasallo para Empresas colaboradoras - Bases modificadas

Foron lixeiramente modificadas as Bases para o I Concurso de Imaxe para o agasallo para Empresas colaboradoras. Non cambian nin a contía do premio nin a data de entrega:

O concurso é para todo o alumnado da Escola e alumnado recién titulado. A finalidade é elexir unha imaxe que se imprimirá como tarxeta agasallo para empresas e entidades colaboradoras.

Non é necesario que a Imaxe presentada sexa unha fotografía, outros tipos de imaxes tamén son admitidas.

O premio único é de 700€.

A fecha límite de presentación de imaxes é o 30 de Novembro de 2015.

Consulta o novo texto das Bases completas do concurso na seguinte ligazón:

http://www.easd.es/documentos/Bases_I_Concurso_Foto_Empresas_Corrixidas.pdf






25/10/2015

Dúas profesoras da escola participan na xornada de recoñecemento a Mary Quintero

Dúas profesoras da escola participan na xornada de recoñecemento a Mary Quintero

As profesoras da escola Rosa Figueroa Ínsua e Mercedes Vega Cerqueiro participan na xornada de recoñecemento á figura de Mary Quintero que organiza o Consello da Cultura Galega o próximo xoves, 29 de outubro. Esta Xornada quere ser, tamén, un espazo de coñecemento, de reflexión e de debate sobre o traballo das profesionais da imaxe.

Mary Quintero foi recoñecida onte como "fotógrafa histórica" pola Deputación da Coruña.

Primeira muller que expuxo fotografía nunha sala galega, primeira profesional que abriu un estudio co seu nome, pioneira no uso da cor e as técnicas de retoque, Mary Quintero é un dos nomes propios da historia da fotografía galega.

Podedes consultar o programa completo neste enlace: http://consellodacultura.gal/evento/200407






15/10/2015

CONCURSO | I Concurso de Fotografía para o agasallo para Empresas colaboradoras

CONCURSO | I Concurso de Fotografía para o agasallo para Empresas colaboradoras

A EASD Mestre Mateo convoca un concurso de fotografía para todo o alumnado da Escola e alumnado recién titulado coa finalidade de elexir unha imaxe que se imprimirá como tarxeta agasallo para empresas e entidades colaboradoras.

O premio único é de 700€.

A fecha límite de presentación de imaxes é o 30 de Novembro de 2015.

Consulta as Bases completas do concurso no seguinte enlace:

http://www.easd.es/documentos/Bases_I_Concurso_Foto_Empresas_Corrixidas.pdf






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria