Tres alumnas da EASD Mestre Mateo resultaron finalistas do certame Xuventude Crea 2014, na especialidade de Deseño de Xoias.
Patricia Vedo Rey , Kinga Haudek e Sonia Fernández Gandásegui resultaron seleccionadas como finalistas desta edición.
Ademais, Sonia Fernández Gandásegui resultou gañadora do 2º premio.
Parabéns a todas elas!
Ata o 30 de novembro pódense coñecer todos os traballos finalistas nunha exposición no Museo-Fundación Eugenio Granell
Publicada a listaxe de alumnado admitido nos cursos monográficos ofertados.
OFERTA DE CURSOS MONOGRÁFICOS Curso 2014-2015 |
PROXECTOS DE ESCAPARATISMO (228 horas) Curso anual, en quenda de tarde, luns e martes (8 horas semanais) 15 PRAZAS |
XEMOLOXÍA (45 horas) Cursos cuadrimestrais, en quenda de tarde, 3 horas semanais - Grupo A: outubro - febreiro - Grupo B: febreiro – xuño 8 PRAZAS EN CADA QUENDA |
TALLER DE XOIARÍA (335 horas) Curso anual, 12 horas semanais (no mesmo horario do Modular de Xoiaría) 9 PRAZAS |
INSCRICIÓN: 9 DE OUTUBRO
A inscrición realizarase na Secretaría da Escola, a partir do 9 de outubro de 2014, desde as 9:00 ata as 14:00 horas. Debe presentarse o impreso de inscrición cuberto, unha fotocopia do DNI, e unha foto.
Admisión de alumnado por orde de inscrición
Os alumnos que xa cursaran ese monográfico en anos anteriores serán admitidos unicamente no caso de quedar prazas vacantes. Entregarase unha certificación acreditativa ao alumnado que curse con aproveitamento o monográfico e asista con regularidade.
PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS EN CADA CURSO: 10 DE OUTUBRO
Cursos gratuitos.
solicitude de acceso
HORARIOS
ALUMNADO ADMITIDO (10/10/2014)