Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

31/10/2013

PRODUTO | Presentación elpuntodelai

PRODUTO | Presentación elpuntodelai

O xoves 31 de outubro, o colectivo elpuntodelai formado por alumnos e exalumnos de Deseño de Produto da EASD Mestre Mateo presentou o seu proxecto de dinamización artística denominado ‘Creactivarte’, enmarcado dentro do programa Iniciativa Xove da Consellería de Traballo e Benestar.

Creactivarte é un conxunto de distintas actividades relacionadas coa creatividade e o deseño que busca a iteracción da sociedade. No marco deste proxecto, elpuntodelai realizou actividades como obradoiros de arte para escolares e persoas con discapacidade, un proxecto de renovación da imaxe da praza do Ensanche de Santiago, intervencións de arte urbano na Coruña e Santiago e deseñaron unha colección de mobles denominada "fíos" seleccionada para a Feira de Deseño PRODUCT DESING MADRID 2013.

No acto de presentación na Galería Bus Station Space estiveron acompañados polo Director Xeral de Xuventude Ovidio Rodeiro o Director da EASD Mestre Mateo Santiago Riande, a Directora da Galeria Bus Station Space, Luisa Pita e numerosos amigos.

O colectivo está formado por David Mecías, Adrián Gómez, Tania Prego, Antía Carbajo e José Ramón De Eiros.

Fotografía: Bus Station Space






30/10/2013

PRODUTO | Visita do alumnado de envases ao supermercado Aquié

PRODUTO | Visita do alumnado de envases ao supermercado Aquié

O 30 de outubro o alumnado da materia de Envases e Embalaxes (3ª Deseño de Produtos) visitou o supermercado Aquié, na rúa do Hórreo, en Santiago.

Ademáis de recoller información para a investigación básica do proxecto de envase que están a realizar, o alumnado de Produto foi recibido por Mari González Lamelas (Directora de Supermercados) para realizar un percorrido guiado por toda a tenda e coñecer un novo concepto de supermercado onde todo, ata o máis mínimo detalle, está deseñado para ter un sentido e axudar a mellorar a vida das persoas.
Mari González explicounos as solucións de deseño adoptadas para ofrecer ó cliente una experiencia de compra diferente, eliminando a rutina e propoñendo distintas fórmulas para cando teñamos que facer unha compra rápida ou máis minuciosa.

A altura dos expositores, as etiquetas electrónicas, os espazos e os corredores amplos e cómodos, o deseño dos lineais (pouca altura, formas orgánicas…), a formación e a actitude do persoal, a organización das quendas para os mostradores, a forma de minimizar a espera nas caixas, os deseños das cestas e os carros, a colocación dos produtos nos corredores e estantes de maneira lóxica, pensando exclusivamente nas necesidades de compra e non en meras estratexias de venda… son algúns das medidas adoptadas para conseguir que o cliente disfrute facendo a compra diaria e que a calidade do que leva para a casa estea ao nivel da experiencia de compra.

Tamén coñecemos a súa sección QFH (que facemos hoxe?) no que axudan ao cliente a decidir que comprar e que comer propoñendo un menú diferente para cada un dos días do ano, sen repetir ningún. Pódese levar xa preparado ou imprimir a receita na propia tenda o na súa web www.aquie.com






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria