Raquel Sousa, titulada nos Estudos Superiores de Deseño de Moda pola EASD MESTRE MATEO, obtivo o 2º premio na Segunda Edición do concurso de deseño de calzado MAD ABOUT SHOES, convocado por Sacha London.
Os premios entregáronse no stand da empresa en Modacalzado de Madrid.
O obxectivo de Sacha London con este concurso é motivar aos xoves deseñadores a orientar o seu talento ao mundo do calzado, e asegurar así o futuro deste importante sector.
O último número da revista de fotografía Foto DNG recolle no seu último número unha completa reportaxe fotográfica, obra do alumno Esteban Leyton Cornejo. O traballo amosado na publicación forma parte do proxecto final de Fotografía Artística do alumno.
Os interesados poden acceder á versión dixital da revista a través do seguinte enderezo web (páxina 35):
http://www.fotodng.com/revista/flash/62/
Carla López Bermúdez obtivo o 1º Premio no 'I Concurso de Xoves Deseñadores Galegos Nordress', organizado pola revista Galiciademoda.
Carla López, alumna dos E.S. de Deseño de Moda na EASD Mestre Mateo, presentou a súa colección Súa no desfile celebrado na noite do sábado no Teatro Jofre de Ferrol. Con este premio Carla estará presente no Salón Internacional de la Moda de Madrid (SIMM), o próximo mes de febreiro.
O xurado estaba formado pola deseñadora Sara Coleman, a responsable do Daisy Market, Silvia Tasende, a directora do Departamento de Deseño de Lio Lio, Isabel Foira, e as deseñadoras de Pull & Bear, Lara Prendes e Sonia Martínez.
O blog da coñecida publicación NEO2 destaca os traballos do noso alumnado de moda no marco do showroom de moda urbana e emerxente Daisy Market, na súa última edición.
Ademais de publicar imaxes dalgunhas das prendas do alumnado, expostas no stand que se preparou para o evento, NEO2 recolle no seu artigo:
"(...) Un dos expositores que máis nos gustou foi o dos alumnos da escola de arte EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, con prendas moi ben construídas. Algunhas fantásticas. (...)"
Pode lerse o artigo ao completo no seguinte enderezo:
http://www.neo2.es/blog/2011/10/daisy-market-2011-2/
A Sala de exposicións da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela acolle hoxe unha exposición de prototipos presentados polo estudo 'daqb design' no espazo NUDE da feira Hábitat de Valencia.
O estudo 'daqb design' fundouse no ano 2010 e está integrado por catro titulados da primeira promoción dos Estudos Superiores de Deseño de Produtos da EASD MESTRE MATEO.