Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

27/10/2010

MODA | Desfile 'Despunte 2010'

MODA | Desfile \'Despunte 2010\'

O vindeiro mércores, 3 de novembro, o alumnado da 2ª Promoción dos EE.SS. de Moda da EASD Mestre Mateo presentará os seus proxectos fin de carreira durante a 2ª edición do desfile 'Despunte'. Nesta ocasión o evento terá lugar na Sala Capitol, ás 19.30 horas. Logo do desfile, no que tamén se presentarán algúns deseños dos alumnos de 2º e 3º, todos os asistentes estarán convidados a unha sesión de cóctel amenizada por un grupo de música en directo.

'Despunte' organízase anualmente polo centro co obxectivo de dar a coñecer os novos valores que logo de catro anos na escola saen ao mercado laboral para comezar unha nova etapa.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria