Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

02/10/2009

GZCREA 09 | Alumnas finalistas

Os xurados do Certame Galego de Creadores Novos GZCREA 09, nas especialidades de deseño de xoias e de deseño de moda, seleccionaron a dúas alumnas da Escola entre os finalistas de cada especialidade.

Na especialidade de Deseño de Xoias foi elixida finalista a alumna dos Estudos Superiores de Deseño de Produtos Alejandra Giz Álvarez, pola súa obra "Atomic". Alejandra Giz tamén cursou na E.A.S.D. Mestre Mateo o Ciclo Superior en Xoiaría Artística.

Na especialidade de Deseño de Moda, resultou seleccionada como finalista Catarina López Carballeira, alumna dos Estudos Superiores de Deseño de Moda, pola súa colección "Sin Presión".

O Certame Galego de Novos Creadores está convocado pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias. Poden presentarse os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2009.
 

 






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria