Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

18/11/2019

Gañadoras V Concurso Joaquín Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra gráfica para agasallo a empresas

Gañadoras V Concurso Joaquín Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra gráfica para agasallo a empresas

O venres pasado celebrouse a reunión do Xurado para elexir as imaxes gañadoras do V Concurso Joaquín Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra gráfica para agasallo a empresas. Formaron parte do xurado Santiago Riande Torres, director da Escola, Irene Gago Pesado, xefa do Departamento de Relacións con Empresas, Estudos e Talleres que promove o concurso, a profesora do ciclo superior de Fotografía, Mercedes Vega Cerqueira, e máis Chus Villar, da Galería Nordés, coma colaboradora externa. Agradecen a súa axuda a Juan Adrio Fondevila, xefe de estudos e tamén profesor de Fotografía.

Nesta edición do concurso a gañadora do primeiro premio foi a estudante de 2º curso do Ciclo Superior de Fotografía, Mar García Carragal coa súa obra O Xesto Compartido.

O gañador do áccesit foi outro estudante tamén de 2º de Foto, Ismael Llerena Moreiras, cuhha imaxe titulada Verdosidad.

Parabéns aos dous!

En Decembro antes das vacacións de Nadal celebraremos unha festa para celebralo e entregar os premios e máis a presentación oficial das imaxes. Manterémosvos informadas.

O resto de participantes podedes pasar por Secretaría a recoller os vosos pendrives a partires do mércores 20 de Novembro. Moitas grazas a todas aquelas persoas que participaron.

Aquí tedes O Xesto Compartido, a obra gañadora do premio:

Esta é Verdosidad, a obra gañadora do áccesit:






05/11/2019

CONCURSO| CONCURSO DE UNIFORMES DE CAMAREIROS/AS PARA O CATERING “A CANTINA”, DA CAFETERÍA NA CIDADE DA CULTURA

CONCURSO| CONCURSO DE UNIFORMES DE CAMAREIROS/AS PARA O CATERING “A CANTINA”, DA CAFETERÍA NA CIDADE DA CULTURA

OBXECTIVO O obxectivo deste concurso é seleccionar un proxecto de deseño de uniformes para os camareiros/as do Catering a Cantina da cafetería que se encontra na Cidade da Cultura. Para o desenvolvemento do proxecto haberá que ter en conta a selección dos materiais e tecidos, de xeito que atendan á sostibilidade, a reciclaxe e o respecto polo medio ambiente.

PREMIOS O premio será unha viaxe a Madrid para dúas persoas cos gastos de traslado, aloxamento e manutención pagados, para visitar o taller de Lorenzo Caprile en Madrid. Haberá un 1º premio e un accesit.

TEMA O tema é a Cultura Galega Contemporánea, tendo en conta as especificidades do complexo da Cidade da Cultura, e tendo que ver coa modernidade arquitectónica e cultural do edificio e o entorno arquitectónico. Podendo incorporar referencias ao abanico de expresións culturais que se cobren na Cidade da Cultura Galega

PARTICIPANTES Alumnado matriculado nas EE.AA.SS. de Deseño da especialidade de Moda, de 1º, 2º, 3º e 4º curso da EASD Mestre Mateo. Se pode participar de maneira individual ou por parellas.

IMPORTANTE: consultade as bases completas aquí






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria