Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

08/11/2017

DESEÑO E INNOVACIÓN| A EASD Mestre Mateo sede da reunión do proxecto europeo Design4Innovation

DESEÑO E INNOVACIÓN| A EASD Mestre Mateo sede da reunión do proxecto europeo Design4Innovation

No marco do proxecto  “Design for Innovation” (Interreg Europe), no que participa a GAIN , durante os días 7 y 8 celebrouse en Santiago de Compostela un evento destinado a analizar as mellores prácticas de apoio financeiro á innovación e o deseño,  no que asistiron unha importante representación dos socios europeos participantes neste proxecto.

A EASD Mestre Mateo acolleu durante a xornada do martes, a xornada de traballo na que participaban representantes de organismos públicos e privados europeos, relacionados coa promoción da innovación e o deseño, para presentar, analizar e debatir os diferentes marcos de axudas de tipo financieiro que cada socio aplica.

Durante esta xornada celebrada na EASD Maestre Mateo, presentouse a futura estratexia de deseño desenvolvida por un socios (“Design of Latvia 2020”) e que servirá de referencia para o desenvolvemento dos diferentes Plans de Acción de Deseño, que cada un dos socios deberá elaborar no marco do proxecto  “Design for Innovation”.

No evento participaron reponsables dos seguintes organismos:

PDR Cardiff Metropolitan University (Gran Bretaña).
Flanders Innovation & Entrepreneurship (Bélgica).
Marshal's Office of Silesia Region, Silesian Government (Polonia).
Investment and Development Agency of Latvia (Letonia).
KEPA - Business and Cultural Development Centre (Grecia).
Culture Directorate, Ministry for Justice, Culture and Local Government (Malta).
Barcelona Design Centre  y GAIN (España)

Máis información: https://www.interregeurope.eu/design4innovation/

 

 

 

 






01/11/2017

CONVOCATORIA DO III CONCURSO JOAQUÍN DÍAZ DE RÁBAGO DE IMAXE PARA AGASALLO EASD MESTRE MATEO

CONVOCATORIA DO III CONCURSO JOAQUÍN DÍAZ DE RÁBAGO DE IMAXE PARA AGASALLO EASD MESTRE MATEO

O Departamento de Relacións con Empresas, Estudios ou Talleres convoca o III Concurso Joaquín M. Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra impresa para agasallo a empresas deste curso 2017-2018.

A data límite de entrega de imaxes é o 30 de Novembro en Secretaría.

Consulta o resto das Bases na seguinte ligazón (en galego):

BASES

 






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria