Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

30/11/2015

CONFERENCIAS MM| ANTONIO BARRO, Frank Lloyd Wright: deseños decorativos para a iluminación.

CONFERENCIAS MM| ANTONIO BARRO, Frank Lloyd Wright: deseños decorativos para a iluminación.

A ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO MESTRE MATEO DE SANTIAGO ORGANIZA PARA O MARTES 1 DE DECEMBRO UNHA CONFERENCIA DO ARQUITECTO CORUÑES ANTONIO BARRO QUE LEVARÁ POR TITULO Frank Lloyd Wright: diseños decorativos para a iluminación.

A conferencia terá lugar no Salón de Actos da EASD Mestre Mateo ás 17:30.

A charla abordará o traballo de deseño de lámpadas que acometeu Frank Lloyd Wright para a iluminación das vivendas unifamiliares proxectadas por el.

O arquitecto coruñés Antonio Barro trata de acercar ao público o estilo do arquitecto estadounidense e os seus deseños de iluminación, como son as lámpadas deseñadas exclusivamente para determinadas vivendas.

Antonio Barro realizou 14 réplicas de varios deseños a escala 1:1 de diversos tamaños. Son pezas de parede,de pé, mesa ou escritorio, construídas a partir dos planos levantados por el, en base a fotos, planos orixinais ou reproducións das mesmas

A conferencia é aberta ao público en xeral .






23/11/2015

Publicado o Decreto polo que se establece o Plan de Estudos das EE.AA.SS. de Deseño

Plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado no DOG do 23 de novembro o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

 






09/11/2015

FOTOGRAFÍA| ARQUITECTURA EFÉMERA| Escaparate en Merlín e Familia. Rúa Xelmirez, 14

FOTOGRAFÍA| ARQUITECTURA EFÉMERA| Escaparate en Merlín e Familia. Rúa Xelmirez, 14

EXPOSICIÓN “SINERXIAS CREATIVAS” C.S. FOTOGRAFÍA-C.S. ARQUITECTURA EFÉMERA

Lugar: Merlín e familia. R/Xelmírez, 14 - 15704 - Santiago de Compostela

Data: 10 de novembro do 2015. 19:00 horas.

O alumnado dos Ciclos Superiores de Fotografía e Arquitectura Efémera, da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, inauguran unha exposición colectiva, na tenda de artesanía e deseño Merlín e Familia, rexentada por Patricia de Campos Pazos.

A exposición é froito do traballo conxunto do alumnado das dúas especialidades, materializado na creación dun escaparate para este comercio.

O alumnado de fotografía realizóu un traballo sobre a fotografía de produto, con obxectos de deseño e artesanía pertencentes ao catálogo da tenda, e o alumnado de Arquitectura Efémera da corpo a unha montaxe expositiva para os produtos e as fotografías, adaptado ao escaparate do comercio, a medio camiño entre o escaparatismo e a exposición.

Coa “marca” -sinerxias creativas-, se presentan traballos en común entre os diversos estudios da EASD Mestre Mateo, coa intención de crear interaccións entre o alumnado de cara a favorecer a aprendizaxe colaborativa e o intercambio de coñecementos de diferentes especialidades, ampliando a formación e potenciando a creatividade.

O obxecto deste traballo son pezas de deseño e artesanía realizadas na sua meirande parte por deseñadoras/es e artesanas/os galegas/os: bolsos de madeira, xoias de deseño, cerámica ilustrada... da man de: Isabel Caamaño - Mr Ce; Guillermo Arias - Besos Robados; Beatriz Lema y Xoán Torres - Lelédacuca; Arturo de la Cámara - DLC Wood Proyects; Miguel Currás y Berenice González - Cubeterie, Eduardo Rial Barral, e Susana García - Favorito Studio.

O alumnado que realizóu o traballo é: Ismael Gosende Duarte, Elena Agrelo Janza, Nerea Fernández Paredes, Diana González Prieto, Fátima Coto Domínguez, Carolina García López, Carlos Castro Cambre, María Ferrer Pérez, Laura García Martín, Marta Fernández Martínez, Varja Jovanovic Trobec, Sabela Alonso Rodriguez, Jherry Yeltsin Vílchez Mercado e Óscar Rodríguez Goyás.

As profesoras responsables do traballo son Conchita Viñas González-Zahera do ciclo de Arquitectura Efémera e Rosa Figueroa Insua do ciclo de Fotografía.

A mostra poderá verse ata o 30 de novembro.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria