Cinco deseñadores, cinco coleccións
A Feira de Arte Contemporáneo Cuarto Público acolleu onte no seu centro neurálxico, o hotel NH Collection de Santiago, un desfile no que participaron cinco deseñadores exalumnos de Deseño de Moda da EASD Mestre Mateo.
O público, integrado por persoas do eido da arte e o deseño, profesores, familiares e amigos dos deseñadores, puido disfrutar dunha pasarela protagonizada por Eva Bouzas Sieira, coa colección Luces y sombras; Salvador Guinart Fernández, coa colección Thread a needle; Belén Otero, coa colección Velociraptor; Tania López López, coa colección Humble; e Gloria López Santomé, coa coleccción Stroke land.
A EASD Mestre Mateo presente durante toda a feira
A EASD Mestre Mateo estará presente a través dun pequeno showroom cunha mostra dixital dos traballos do alumnado das seis especialidades que se imparten no centro: Escultura, Xoiaría Artística, Fotografía, Arquitectura Efémera, Deseño de Moda e Deseño de Produto. Tamén estarán presentes algunhas pezas físicas do alumno de Escultura Víctor Martínez Cabanas, así como parte da colección Donna Incontrata da alumna de Deseño de Moda Eva Albertelli.
A feira aínda se poderá disfrutar durante todo o día de hoxe.
O alumnado de Xoiaría Artística de visita na exposición "Bosques de Prata de Eloy Gesto, ourive".
A exposición reúne pezas da colección privada do orfebre Eloy Gesto, quen tamén foi alumno da EASD Mestre Mateo.
No marco da disciplina de FOL, o alumnado de 2º curso asistiu estes días no salón de actos do centro a un obradoiro de primeiros auxilios organizado pola profesora desta asignatura, Eva Piña. Durante a sesión o alumnado puido entre outras cousas coñecer de preto técnicas de reanimación, aprendendo a actuar ante este tipo de situacións.
A Feira de Arte Contemporáneo Cuarto Público celebrará os vindeiros días 28, 29 e 30 de novembro a súa II edición no hotel NH Collection de Santiago de Compostela. A noite do 29 estará protagonizada polo desfile dos alumnos e ex-alumnos da Mestre Mateo, que dará comezo ás 22.00 h.
Cinco deseñadores: cinco coleccións
Desfilarán Eva Bouzas Sieira, coa colección Luces y sombras; Salvador Guinart Fernández, coa colección Thread a needle; Belén Otero, coa colección Velociraptor; Tania López López, coa colección Humble; e Gloria López Santomé, coa coleccción Stroke land.
A escola estará presente durante toda a feira
A escola tamén estará presente durante toda a feira cun showroom que estará acompañado entre outros polas creacións do alumno de escultura Víctor Cabanas e a colección Donna Incontrata da alumna de moda Eva Albertelli.
Da man dos exalumnos de Fotografía Teresa Abalde e José María Picón, tamén estará presente esta especialidade.
Alicia Martínez Casals, de 1º de xoiaría, e Patricia Vedo, Kinga Haudek e Sonia Vizcaíno Insua, quenes tamén estudaron esta especialidade na escola, son catro das dez finalistas do concurso de deseño de xoias San Eloi. Parabéns! Agora só nos queda agardar á final. Moita sorte!