Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

22/11/2013

MODA | Artesáns de Portugal achéganse á EASD Mestre Mateo para presentar o XI Concurso Internacional de Criadores de Moda 2014: Lenços de Namorados. Escritas de amor.

O pasado xoves 21 de novembro, o salón de actos da Escola acolleu a presentación do XI CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DE MODA 2014: Lenços de Namorados. Escritas de amor, convocado polo Concello de Vila Verde e a Cooperativa Aliança Artesanal e a edición do mesmo destinada a complementos.

Esta asociación de artesáns do norte de Portugal achegouse para presentar o traballo que vén realizando para conservar a tradición dos Lenços dos Namorados.

"Os Lenços dos Namorados de Vila Verde son panos bordados a man polas namoradas ao compás do ritmo do seu corazón. Cando as mozas estaban na idade de casar, bordaba o seus panos que despois chegaban ás mans do mozo escollido e, segundo el usábao ou non, decidíase o principio dun noivado. Cando se analizan os panos atopamos sentimentos de alegría, tristeza, a ansiedade pola paz e o amor, son a prolongación da vida e as relacións sociais a través dos bordados"

Nesta presentación, o alumnado da EASD Mestre Mateo e demais asistentes coñeceron de primeira man esta bonita tradición portuguesa que combina artesanía, deseño e historias de amor. O acto contou coa presenza de Drª Júlia Fernandes, Vereadora da Cultura, Educação e Acção Social do Município de Vila Verde e Dr.ª Paula a da Cooperativa Aliança Artesanal, ademais de dúas Bordadeiras da Asociación, que se achegaron á Escola para amosar o seu traballo como perpetuadoras desta tradición.






04/11/2013

FOTOGRAFÍA | Verónica Reboredo gaña o certame 'Xuventude Crea' na modalidade de Artes Plásticas

FOTOGRAFÍA | Verónica Reboredo gaña o certame \'Xuventude Crea\' na modalidade de Artes Plásticas

VERÓNICA REBOREDO BLANCO, alumna da EASD Mestre Mateo, resultou gañadora do primeiro premio do certame Xuventude Crea 2013, na Especialidade Artes Plásticas, coa súa obra “Icons”.

A tamén alumna da Escola INÉS SALVADO GONTAD foi finalista na mesma categoría coa súa obra Illa de Ons. Vivín a illa en cor, agora soño con ela.

As dúas cursaron o Ciclo Superior de Fotografía Artística na EASD Mestre Mateo.

Ata o 14 de novembro pódense ver todos os traballos finalistas da modalidade de artes plásticas (fotografía, escultura e pintura) na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Imaxe: Inauguración da exposición.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria