Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

13/11/2012

CONFERENCIA | O deseño na cerámica de Sargadelos, por Xosé Vizoso

CONFERENCIA | O deseño na cerámica de Sargadelos, por Xosé Vizoso

O salón de actos da EASD Mestre Mateo acolle entre novembro e xaneiro unha serie de conferencias en torno ao deseño.

O encargado da apertura deste ciclo de conferencias correu a cargo do de Xosé Vizoso, quen o pasado xoves baixo o título de "O deseño na cerámica de Sargadelos" fixo un percorrido por todo o proceso e metodoloxía de deseño dalgunhas das pezas más populares de Sargadelos.

Agardamos que as próximas conferencias sexan tan exitosas como a primeira, na que se rexistrou un cheo absoluto.

A próxima conferencia do ciclo versará sobre "O deseño na Arquitectura", a cargo de Gumersindo Freire, e terá lugar o xoves 13 de decembro ás 11:30 h.

O 17 de xaneiro á mesma hora tocaralle o turno a Marcelo Tejedor, quen mesturará dous mundos tan interesantes como "Gastronomía e Deseño".

 

Fotografía: Cristina Vilela (1º C.S. Fotografía Artística EASD Mestre Mateo).






06/11/2012

MODA | Exposición colectiva na Galería Metro

MODA | Exposición colectiva na Galería Metro

Do 2 ao 6 de novembro de 2012

Galería Metro - Santiago de Compostela

A galería Metro, na rúa Nova, acolleu a mostra colectiva Airiños, na que se puideron ver deseños premiados nos últimos anos de alumnas e exalumnas da EASD MESTRE MATEO. A mostra complétase con fotografías de Eutropio Rodríguez.

A mostra inclúe pezas de Lucía Framil, Celia Álvarez, Lucía López Sieira, Natalia Romero, Mónica Guillán, Tatiana Martínez Lareo, Lucía Montero, Diana Díaz e Cristina Matos.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria