Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

07/11/2011

MODA | 1º Premio na Galicia Fashion Week

Mónica Guillán obtivo o Premio á mellor colección na Zona E (plataforma para deseñadores emerxentes) na actual edición da Galicia Fashion Week, celebrada esta semana en Santiago.

A organización da GFW seleccionara a 14 deseñadores para mostrar as súas coleccións na Zona E, propostas que desfilaron onte no Hostal dos Reis Católicos. O premio consiste nun stand no Espacio Ego da Semana Internacional de la Moda de Madrid, en febreiro de 2012.

Mónica Guillán está titulada nos Estudos Superiores de Deseño de Moda na EASD MESTRE MATEO.

lavozdegalicia.es






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria