Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

19/11/2010

MODA | Segundo premio no 'Tesoira 2010'

MODA | Segundo premio no \'Tesoira 2010\'

Isabel Piñar Fraga, coa colección 'Future Looking-Back, obtivo o segundo premio no certame de moda TESOIRA 2010, dotado con 1.500 euros e unha bolsa de formación valorada en 3.000 euros.

O premio Teroira enmárcase dentro do Certame Galego de Creadores Novos, convocado pola Consellería de Traballo e Benestar para os diferentes campos da creación artística (deseño de xoias, pintura, escultura, fotografía, videocreación...).

Nesta edición de TESOIRA 2010 foron seleccionadas entre os dez finalistas tres alumnas da EASD Mestre Mateo; ademais da propia Isabel Piñar, tamén resultaron elixidas Diana Díaz Salgado, pola súa colección 'We are' e Antía López Cedrón, pola súa colección 'Acerca de la camisa (about the shirt)'.
 

ver TESOIRA 2010






09/11/2010

MODA | Premio ao Mellor Deseño da Mostra Nacional de Xóvenes deseñadores de Moda de Cantabria

MODA | Premio ao Mellor Deseño da Mostra Nacional de Xóvenes deseñadores de Moda de Cantabria

Mónica Guillán, alumna dos Estudos Superiores de Deseño de Moda, obtivo o Premio ao Mellor Deseño na II Mostra Nacional de Xóvenes Deseñadores de Moda de Cantabria 2010, pola súa creación 'Petite Coquille Look 1'.
O xurado, integrado por diferentes figuras do mundo da moda da talla do deseñador Ángel Schlesser, tivo a ben conceder o galardón a Mónica Guillán, dotado con 5.000 euros.
 






04/11/2010

PRODUTOS | Finalista no II Concurso TalentosDesign

PRODUTOS | Finalista no II Concurso TalentosDesign

José Ramón de Eiros, alumno dos Estudios Superiores de Deseño de Produtos, foi seleccionado finalista no II Concurso de Deseño TALENTOSDESIGN’10 “Diseña Sostenible”, na sección de deseño industrial ou de produtos.

José Ramón formula unha proposta de lámpara de teito en cartón reciclado, composta por módulos xeométricos que buscan un aspecto orgánico.

TalentosDesign 10, Diseña Sostenible, convocado pola FUNDACIÓN BANCO SANTANDER, é un concurso de deseño para universitarios e estudantes de Ensinanza Superior, co obxectivo de fomentar, recoñecer, difundir e premiar a creatividade e o talento no marco do deseño e entre este colectivo.

As obras seleccionadas quedarán expostas na Casa de América, en Madrid, a partir do 11 de novembro.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria