O alumnado de 1º de Deseño de Produto instalou dúas caixas niño no Parque de Belvís. Esta intervención forma parte dun proxecto medioambiental que quere concienciar á sociedade santiaguesa en xeral sobre a importancia da conservación das aves locais como ferreiriños, paporrubios, anduriñas e outros, co asesoramento do Ornitólogo Nacho Munilla. Tamén quere destacar o Deseño como ferramenta de acción social.
O vindeiro XOVES 7 DE ABRIL celebraremos pola tarde unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS destinada ao alumnado que estea interesado en cursar para o curso que vén algunha das ensinanzas que impartimos na nosa Escola. Abriremos as portas tanto a estes posibles futuros/as estudantes como aos seus pais/ titores, así como aos orientadores/as que estean interesados/as en visitar o centro. As persoas interesadas poderán visitar os talleres a través de visitas guiadas nas que poderán consultar tódalas dúbidas que teñan en relación cos estudos, o acceso, etc.
Para RESERVAR A VISITA é suficiente enviar un correo a info@easd.es antes do 1 de abril. Esto permitiranos organizar as visitas en grupos reducidos e atender mellor ás necesidades dos/as futuros estudantes.
Na EASD Mestre Mateo impártense dous NIVEIS FORMATIVOS, ambos con carácter oficial.
Oferta formativa:
Títulos de Grao (EQF6/ MECES2)
Títulos de Técnico Superior (EQF5/ MECES1)
Descarga a guía da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Galicia para obter máis información sobre as ensinanzas, programas, acceso, prezos... Tamén podes navegar pola nosa web.
Consulta a oferta formativa de Grao en Deseño e de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño das catro EASD de Galicia nesta nova guía que recolle todalas ofertas formativas e os requisitos e pasos para formalizar a solicitude de inscripción, probas de ingreso a realizar, etc. Dependendo das ensinanzas que elixades.
A guía nace coa intención de respostar as preguntas mais frecuentes, pero se non vos soluciona algunha delas, non dubidedes en contactar con nós vía correo electrónico.
Esperamos sexa de axuda para todos/as!