Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

24/03/2017

Premio Extraordinario Ensinanzas Artísticas Sonia Fernández Gandasegui

Premio Extraordinario Ensinanzas Artísticas Sonia Fernández Gandasegui

Entrega dos Premios Extraordinarios das Ensinanzas Artísticas, entre os premiados/as, Sonia Fernández Gandasegui, quen rematou os seus estudios do CS de Xoiaría Artística na Mestre Mateo o pasado curso. 






20/03/2017

DESEÑO DE PRODUTO| Visita a Ds Smith en Vilagarcía

DESEÑO DE PRODUTO| Visita a Ds Smith en Vilagarcía

A semana pasada, como actividade complementaria da materia de Envases e Embalaxes (3° de Deseño de Produto), visitamos as instalacións de Ds Smith en Vilagarcía 

Moi agradecidos do ben que nos recibiron e do moito que aprendimos.
#somosmestremateo #deseñodeproduto #actividadescomplementarias#packaging #envases






20/03/2017

DESEÑO MODA| VISITA DIDÁCTICA A PORTUGAL

DESEÑO MODA| VISITA DIDÁCTICA A PORTUGAL

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Deseño de Moda participa hoxe e mañá nunha visita didáctica a Portugal para coñecer máis de preto o sector téxtil no país veciño.

Logo de estar esta mañá na Escola de Engenharia Universidade do Minho - Guimarães, (Enxeñería téxtil) visitará esta tarde o Museo da Industria Textil de Vila Nova de Famalicão, para a continuación achegarse até CITEVE, na mesma localidade, e finalizar a xornada en Shima Seiki, en Vila Nova de Gaia.
Mañá completarán a visita achegándose a Kyaia e Grupo Lasa, ambas en Guimarães.






09/03/2017

ERASMUS+ | SMS 2017-2018 | Publicacion listaxes definitivas - Moda e Produto

ERASMUS+ | SMS 2017-2018 | Publicacion listaxes definitivas - Moda e Produto

A listaxe definitiva de selección para Deseño de Moda e Deseño de Produto para a realización de mobilidades de estudos para o vindeiro curso 2017/2018 foi publicada esta mañá no taboleiro de anuncios fronte á Secretaría.

Tamén pode ser consultada na seguinte ligazón: http://www.easd.es/documentos/ListaxeDefinitiva_KA103_2107.pdf






09/03/2017

ESCULTURA| VISITA FUNDACIÓN MANOLO PAZ

ESCULTURA| VISITA FUNDACIÓN MANOLO PAZ

ACTIVIDADES MM| ESCULTURA

O pasado 9 de marzo, o alumnado do CS de Técnicas Escultóricas achegouse ata Cambados, acompañado de varios profesores, para visitar a Fundación Manolo Paz.

O museo Manolo Paz Arte Contemporáneo centra o seu discurso temático na Arte Contemporánea e na obra do escultor gallego Manolo Paz, tendo como fío conductor a figura e obra deste artista. A súa obra é unha das máis trascendentes e representativas no desenvolvemento da arte contemporánea galega. A riqueza artística que alberga a obra de Manolo Paz constitúe un rico legado do patrimonio histórico de Galicia

#somosmestremateo #escultura #escoladeartes #actividadescomplementarias






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria