Fotografía: Rir & Co
O pasado xoves o alumnado de 2º de moda tivo a oportunidade de aproveitar nunha xornada que durou todo o día os coñecementos da artesá de Rir&Co, Inés Rodríguez, nun obradoiro de técnicas creativas de intervención nun tecido. Da man de Inés, tivemos a oportunidade de coñecer algunhas técnicas e materiais cos que experimentamos acadando resultados ben vistosos.