"Oniric", obra da alumna Tania Martínez, resultou elexida como mellor colección emerxente na última edición da gala da Galicia Fashion Week, celebrada o pasado sábado 23 de marzo no Auditorio de Galicia. Felicidades Tania!
No acto, ao que asistiron máis de 700 persoas, participaron como finalistas distintas/os alumnas/os e ex-alumnas/os, aos que tamén queremos felicitar desde a EASD.
Distintos xornais recollían estes días a información sobre a gala:
José Carlos Rodríguez Salgueiros, promotor de negocios internacionais e responsable da Rede PEXGA, estivo na Escola para dar unha charla sobre as posibilidades e apoios ós novos emprendedores que ofrece a rede Pexga á hora de introducirse nos mercados internacionais (contacto con clientes, comercialización, showrooms...)
Taller a cargo de Paco Rocha
Salón de Actos
Mércores 19 de marzo, ás 9:00H
Paco Rocha é fotógrafo profesional, Adobe community manager para España e Latinoamérica, e formador oficial de Adobe Photoshop Lightroom.
Leva dende o ano 2006 realizando videotitoriais e diversas formacións para profesionais e afeccionados á fotografía, así como implementando fluxos de traballo co programa.
Alumnos do Ciclo Superior de Arquitectura Efémera e de Deseño de Produto realizaron un percorrido pola Coruña a través das seguintes visitas guiadas:
O departamento do C.S. de Arquitectura Efémera da EASD convoca un Concurso de deseño para a portada da Revista Express destes estudos. Os interesados poden descargar as bases da ligazón que se xunta a continuación.