Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

14/03/2011

20qtecuento: unha iniciativa para fomentar a colaboración interdisciplinar entre o alumnado

20qtecuento: unha iniciativa para fomentar a colaboración interdisciplinar entre o alumnado

20qtecuento.

Data do evento: Mércores 23 de marzo, 11:30
Lugar: Salón de Actos.

20qtecuento é unha iniciativa ideada e organizada polo alumnado de 3º de Deseño de Produtos co obxectivo de FOMENTAR A COMUNICACIÓN E A COLABORACIÓN ENTRE ALUMNOS E ALUMNAS DE DISTINTAS ESPECIALIDADES. Trátase dunha serie de presentacións nas que o alumnado dos últimos cursos de cada Especialidade nos 'contará', a través de 20 imaxes, qué fan durante o tempo que pasan na Escola: métodos de traballo, resultado, experiencias, obradoiros, clases...

Ademais dos alumnos e alumnas de 3º de Produtos, no evento colaboran outros alumnos da Escola:

1º de Produtos colaborou no cartel para anunciar o evento.

2º de Produtos fará un estudo de medición do efecto do evento, para avaliar se se cumpriron os obxectivos de partida, tamén colaboran na promoción.

2º de Arquitectura Efémera creará o espazo no que terá lugar o evento.

Alumnos de Fotografía colaboraron co alumnado doutras especialidades para a preparación das súas presentacións.

...

AFORO LIMITADO para estudantes e profesores da Escola.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria