O fotógrafo Javier Herranz impartirá unha conferencia sobre Moda e Fotografía o xoves 18 de marzo no Salón de Actos da Escola, ás 18:00 horas.
A conferencia está aberta a tódolos alumnos do Ciclo Superior de Fotografía Artística e dos Estudos Superiores de Deseño de Moda.
"SolidWorks Animator permite amosar facilmente como se verá e funcionará un produto en desenvolvemento e reduce o tempo para poñelo no mercado. Animator permite crear arquivos en formato AVI de pezas ou ensambles de SolidWorks para envialos por e-mail ou publicalos na web"
Contidos: a formación de Animator ten por obxecto dinamizar os modelos realizados nas materias de Tecnoloxía Dixital e Proxectos de Deseño de Produtos. Utilizaranse motores lineais e rotatorios, introducindo simulacións físicas para reproducir con realismo os diferentes movementos de compoñentes deseñados polos alumnos da Escola.
Destinatarios: alumnos de 2º e 3º de Deseño de Produtos
Horario: días 23, 24 e 25 de marzo, de 16:15 a 19:30
Lugar: Aula 31
Inscrición gratuita na conserxería da Escola