Lembrámosvos que segue aberta a convocatoria extraordinaria Erasmus+ para o curso 15-16 para os Estudos Superiores de Moda e Produto.
Contamos cun novo socio para os Estudos Superiores de Produto, a ESAD de Orléans (Francia). Hai dispoñible unha nova versión da convocatoria en este enlace.
A presentación será o mércores 12 de maio ás 11:00 no salón de actos da EASD Mestre Mateo.
Acceso libre para todo o público interesado
Convócase unha chamada extraordinaria para realizar mobilidades de estudos Erasmus+ para o vindeiro curso 2015 - 2016.
Celebrarase unha reunión informativa para o alumnado interesado de 3º curso dos estudos de Deseño de Produto e Deseño de Moda o xoves día 7 de Maio de 2015 ás 11.00 no Salón de Actos da Escola.
Xúntase o texto da convocatoria. Para calquera dúbida dirixirse á Oficina Internacional (Vicedirección).
TEXTO DA CONVOCATORIA (pdf, galego).
A EASD Mestre Mateo estará presente este domingo, 10 de maio, no Pazo de San Lourenzo, na 3ª edición de Estrea Estilo, organizado pola concellaría de Comercio. O evento terá lugar durante todo o día, desde as 11.30 h até as 20.30h., e nel presentaranse as coleccións de primavera-verán dos comercios locais nunha xornada festiva na que tamén a Mestre Mateo amosará por primeira vez ó público a colección de moda finalista coa que acadou o segundo posto na I Competición Nacional de Escolas de Moda, "Talento & Co". Baixo a denominación Allways, o equipo que representou á escola, integrado por Cristina Matos, Adriana Barreiro Angueira, Ana Rodríguez Rodríguez, Tania Martínez Lareo e Alba Redondas, propuxo, en verbas da propia organización do certame, “un produto de luxo, coidado, elegante, onde prima a calidade e o deseño”.