Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

30/05/2012

CHARLA-COLOQUIO | O proceso creativo dun filme

CHARLA-COLOQUIO | O proceso creativo dun filme

MÉRCORES 13 DE XUÑO
12:00 H.
SALÓN DE ACTOS DA ESCOLA

O mércores 13 de xuño visitan a Escola o Director do filme VILAMOR, Ignacio Vilar, e tres dos actores, Rubén Riós, Xoel Yáñez e Sabela Arán, que nos achegarán a historia de Vilamor, como se fai unha película así como a situación do mundo cinematográfico e audiovisual en Galicia.

O filme Vilamor é a cuarta longametraxe de Ignacio Vilar, director e produtor galego que realizou en 2008 o filme Pradolongo.

PROGRAMACIÓN:
1ª Intervención: Ignacio Vilar: “como se fai unha película, proceso creativo dun filme”.
2ª Rubén Riós: "por que estamos aquí?", experiencias previas e necesidade de poñer en valor a cultura e a lingua galega a través do sétimo arte.
3º Xoel Yáñez: rodaxe Vilamor, historia. Que é Vilamor? Anécdotas da rodaxe.
4º Sabela Arán: experiencia persoal, rodaxe, historia da película.
5º Concurso enfocado ás redes sociais (últimos 5 minutos).
6º Rolda de preguntas.






15/05/2012

Día das Letras Galegas | proxección de cine en galego na Escola

Día das Letras Galegas | proxección de cine en galego na Escola





14/05/2012

EXPOSICIÓN | 'A cabeza nos pés': exposición colectiva da EASD na Biblioteca Ánxel Casal

EXPOSICIÓN | \'A cabeza nos pés\': exposición colectiva da EASD na Biblioteca Ánxel Casal

 A EASD será a protagonista desde o próximo mércores 16 até o 31 de maio da exposición colectiva 'A cabeza nos pés', que terá lugar na Biblioteca Pública de Santiago 'Ánxel Casal' (avda. Xoán XXIII, s/n).

A exposición é froito do traballo conxunto das distintas especialidades que se imparten na escola, quenes participan de distinto xeito na conversión dun obxecto banal como é unha zapatilla clásica de cordóns, nun obxecto de deseño e incluso artístico.

Animávosvos a todos a achegarvos até a Biblioteca Ánxel Casal para disfrutar desta exposición.

Mª Carmen Domínguez, gañadora do concurso de carteis que promocionará a exposición.

Co gallo desta exposición, convocouse un concurso de carteis. A gañadora foi a alumna de fotografía Mª Carmen Domínguez. Para realizar a proposta gañadora empregou unha fotografía da alumna de 2º de fotografía Alba Carro, que formará parte dos traballos amosados na exposición. A zapatilla do cartel é obra da alumna Yolanda Cordeiro, de 3º de Deseño de Moda.






11/05/2012

MODA | 1º e 2º posto do Concurso de Novos Deseñadores de Lugo para dúas alumnas da EASD

Verónica Marí Granda, alumna de 3º curso de Deseño de Moda da EASD Mestre Mateo, alzouse co primeiro posto no Concurso de Novos Deseñadores convocado pola Deputación de Lugo, no contexto da Gala Lucus Moda.

Verónica Marí Granda co seu deseño "Boluxo: Vida-Muerte-Vida", Gloria López Santomé con "Lucus Amoenus" (tamén alumna de 3º curso da EASD) e Silvia Sánchez Corral con "No quemes lo que más quieres" foron por esta orde as novas deseñadoras que presentaron as súas creacións na Gala Lucus Moda.

Máis información:

http://blog.deputacionlugo.org/es/2012/05/11/el-gran-escaparate-de-la-gala-lucus-moda-para-los-jóvenes-talentos/

http://www.lavozdegalicia.es/album/lugo/2012/05/09/lucus-moda-transformo-lugo-capital-gallega-diseno/01101336564174724392222.htm






02/05/2012

MODA | Dúas alumnas da EASD finalistas da Gala Lucus Moda

Entre as tres finalistas do Concurso de Novos Deseñadores Lucenses, atópanse as alumnas de 3º dos EE.SS. en Deseño de Moda que imparte a escola: Verónica Marí Grande e Gloria López Santomé. O nome da gañadora saberase o vindeiro día 8, data na que se celebrará en Lugo a Gala Lucus Moda.

Máis infomación na edición dixital de El Progreso:

http://elprogreso.galiciae.com/nova/168381.html?lang=es






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria