Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

28/05/2010

ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO | Calendario exames finais xuño 2010

Segundo o calendario escolar da Escola, os exames finais desenvolveranse do mércores 16 de xuño ao venres 25 de xuño.

As cualificacións comunicaranse ao alumando o martes 29 de xuño.






27/05/2010

MODA | O alumnado de moda desfilará hoxe na Galicia Fashion Week

MODA | O alumnado de moda desfilará hoxe na Galicia Fashion Week

Os asistentes poderán deleitarse cunha mostra dos últimos deseños do alumnado dos EE.SS. de Moda da EASD Mestre Mateo

Un ano máis o alumnado de moda estará presente cos seus deseños na 'Galicia Fashion Week'. A cita terá lugar en Santiago de Compostela, en Arteria Noroeste, ás 20.30 horas, con entrada libre até completar aforo para todo aquel que estea interesado en asistir.

Máis información: www.galiciafashionweek.com






26/05/2010

EXPOSICIÓN ESMALTES | 'Esmaltes no Xacobeo 2010'


Esmaltes no Xacobeo 2010

A EASD Mestre Mateo inaugurará o vindeiro luns, 31 de maio ás 19.00 horas a exposición 'Esmaltes no Xacobeo 2010', con mostras artísticas traballadas coa técnica do esmalte baixo a temática do Xacobeo. A exposición, que se amosará na Sala de Exposicións do centro (2º andar), poderá visitarse até o 5 de xuño.

Máis información: 

Profesora Dª Carmen Español González
Escola de Artes “Mestre Mateo”
r/ Virxe da Cerca, nº32- Santiago
 






19/05/2010

DESEÑO DE PRODUTOS | CuldeSac - relatorio e obradoiro

DESEÑO DE PRODUTOS | CuldeSac - relatorio e obradoiro

O vindeiro xoves, 20 de maio, ás 11.30 h., o auditorio do CGAC acollerá un relatorio a cargo de CuldeSac. Pola tarde a cita trasládase ao salón de actos da EASD Mestre Mateo, onde se celebrará, ás 16.00 horas, un obradoiro co alumnado dos EE.SS. de Deseño de Produtos da escola.

CuldeSac é un espazo creativo valenciano especializado en deseño de produtos, que desde a súa fundación en 2002, obtivo un importante prestixio internacional a través dos seus proxectos. Entre os recoñecementos acadados, destacan o Premio ao Mellor Estudo Europeo do Ano, o Compasso d'Oro e o Red Dot Design.






06/05/2010

ACTO DE GRADUACIÓN | Celebración do acto de graduación da 3ª promoción dos EE.SS. de Deseño de Moda

O próximo venres 7 de maio, ás 18.30 horas, o salón de actos da Escola acollerá a celebración do acto de graduación da 3ª promoción dos EE.SS. de Moda, que iniciaron a súa formación na EASD Mestre Mateo no curso 2007-2008.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria