O luns 11 de maio inaugúrase na Sala de Exposicións da Escola unha mostra dos traballos realizados nos cursos monográficos de Esmaltes e Esmaltes na Xoiaría impartidos no presente curso 2008-2009 pola profesora Carmen Español.
A mostra poderá visitarse ata o luns 18 de maio de 2009.
O venres 8 de maio de 2009, as 18:00 horas, no salón de actos da Escola, terá lugar o Acto de Graduación da 2ª Promoción dos Estudos Superiores de Deseño de Moda, que iniciaron a súa formación no centro no curso 2006-2007.