Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

24/02/2017

Charla: Fai un traballo de fin de estudos seguro e evita o plaxio

Charla: Fai un traballo de fin de estudos seguro e evita o plaxio
Dende a Biblioteca da EASD Mestre Mateo organizan unha charla sobre propiedade intelectual, referencias e citas bibliográficas para este venres.
 
Impartida por Diego Maseda Seco, o obxectivo é transmitir ao alumnado a idea de que se pode utilizar material bibliográfico doutr@s autor@s nun traballo académico, sempre que se cumplan uns requisitos, e explicaráselle como facelo correctamente.
 
A charla será de 11:00 a 12:00 aproximadamente, no salón de actos.





23/02/2017

Xornada sobre o emprendemento.

Este xoves, de 12 a 13:30 h no salón de actos da Escola
Xornada sobre o emprendemento para os últimos cursos dos CS de Xoiaría, Fotografía, Escultura, Arquitectura Efémera e os graos de deseño de produto e moda. 
A xornada será impartida por un técnico do IGAPE, e a colaboración de Kinga Haudek exalumna da escola e actualmente empresaria.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria