Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

18/02/2016

ERASMUS+ | SMT 2015-2016 | Cambio data límite entrega solicitudes

ERASMUS+ | SMT 2015-2016 | Cambio data límite entrega solicitudes

Lembrámosvos a todos que a data límite para a entrega de solicitudes de prácticas Erasmus+ para Estudios Superiores non é hoxe 18 de febreiro como aparece na convocatoria senon o vindeiro xoves, 25 de Febreiro.


http://www.easd.es/documentos/OK_EASDMM_Convocatoria_Erasmus_SMT_1516.pdf






14/02/2016

ARQUITECTURA EFÉMERA | OBRADOIRO DE CESTERÍA CON IDOIA CUESTA

ARQUITECTURA EFÉMERA | OBRADOIRO DE CESTERÍA CON IDOIA CUESTA

Durante o 15 e o 16 de febrerio o alumnado do CS Arquitectura Efémera ten a oportunidade de participar nun obradoiro de cestería coa cesteira Idoia Cuesta.

Idoia volta á Mestre Mateo, desta vez para  impartir un obradoiro dirixido ao alumnado de Arquitectura Efémera. Dous días para investigar e promover a aplicación das técnicas de cestería en diferentes ámbitos, como o deseño de interiores, a arquitectura, o mobiliario urbán, paisaxismo, etc,,,,neste caso concreto preténdese dar unha amplia visión de como se pode traballar na creación de diferentes estruturas modulares para a súa utilización tanto en ambentes exteriores como interiores.

O alumnado deseñará e prototipará as mencionadas estruturas aplicando na práctica a técnica de tecido ó azar, a técnica de entramado en damero e entrelazados propios da cestería.

Unha de las técnicas que se propoñen, en concreto a técnica coñecida como tecido ó azar ou técnica niño, está inspirada en como os paxaros tecen naturalmenteo os seus niños na natureza.  Esta técnica de gran versatilidade, estase a empregar en toda Europa para crear esculturas e para intervencións en parques, xardíns e obras públicas, posto que permite adaptarse a todo tipo de volumes e estruturas. 

Nuns días poderemos ver os resultados

 

 






12/02/2016

SINERXÍAS MM: MODERNÍZATE, PON BOINA!

SINERXÍAS MM: MODERNÍZATE, PON BOINA!

BOINAS EN COMPOSTELA

SINERXÍAS MM: GALTEO MESTRE MATEO + CLUBE DA LINGUA IES MARCO DO CAMBALLÓN DE VILA DE CRUCES 

O vindeiro luns 15 de febreiro presentamos na Mestre Mateo un novo proxecto de colaboración co IES Marco do Camballón de Vila de Cruces que asocia o mundo da moda e as últimas tendencias á promoción da lingua galega. 

O Proxecto chámase "Modernízate: pon boina" e quere actualizar os valores da nosa lingua: unha lingua para a xente nova, moderna, rural e urbana, impulsada por valores como a igualdade de xénero ou a xustiza social.

Este luns, no corredor do primeiro andar da Mestre Mateo o alumnado dos CS de Fotografía e Xoiaría do Mestre Mateo e do IES de Vila de Cruces, farán a presentación do proxecto cunha pasarela informal para promocionar o uso da boina e a lingua entre a xente nova. Nesta pasarela poderemos coñecer os primeiros resultados desta colaboración: os complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría para engalanar as boinas.

 Tamén participará no evento a artesá compostelá Sandra Vilas, fabricante da primeira boina galega do século XXI. 

 O proxecto que impulsan Galteo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Mestre Mateo e o Clube da Lingua de Vila de Cruces, continuará da man do alumnado de Fotografía, coa realización dunha serie de retratos en estudio de personaxes da escena cultural e social galega, ataviados con boinas personalizadas cos complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría. Estes retratos se empregarán para ilustrar supostas portadas de revistas de tendenzas, moda, literatura, música… 

O luns comezarán ás 10:00 as sesións no estudio de Fotografía da Mestre Mateo coa artesán Sandra Vilas.

 A boina é símbolo de moitas cousas. Durante moitos anos cubriu a cabeza de miles de galegos, e últimamente tamén de galegas, mais esta prenda foi utilizada maioritariamente no ámbito rural. É na actualidade onde comeza a verse en cabezas pioneiras das últimas tendencias, está chamada a renovarse, actualizarse, e converterse nunha peza importante na moda galega, e nun accesorio habitual de quen quera facer uso dela con orgullo e elegancia.

No proxecto está implicado o profesorado dos departamentos de Xoiaría e Fotografía da Escola de Arte Mestre Mateo e profesorado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.

 

 Máis alá da boina, o obxectivo final é promover o uso da lingua galega nas redes sociais e no ámbito das últimas tendencias, asociando o noso idioma coa vangarda e o mundo da moda e da fotografía, así que... MODERNÍZATE: PON BOINA!

 

A imaxe do cartel foi realizada no estudio de Fotografía da Escola. Modelo: alumna de foto Raquel Tarrio Parada, fotográfo: Ismael Torres González, deseño xoiaría: Elena González Escáneo.






06/02/2016

GALTEO | Equipo de dinamización da lingua galega da Mestre Mateo

GALTEO | Equipo de dinamización da lingua galega da Mestre Mateo

Somos o equipo Galteo

dinamizamos a nosa lingua

facémolo na Mestre Mateo

sempre, sempre 

en galego

 

galteo son:

Isabel Andrade García. Representación profesorado

Mercedes Vega Cerqueiro. Representación profesorado

Roi Iglesias Lorenzo. Representación alumnado

Olaia Vázquez Rei. Representación alumnado

María Jesús Trabazo Sanmartín. Representación P.A.S.

Eduardo Rial Barral. Colaborador

Rosa Figueroa Insua. Coordinadora

 

Axiña falaremos dos proxectos que teñen en marcha






02/02/2016

Convocatorias Erasmus de estudios e prácticas

Convocatorias Erasmus de estudios e prácticas

Xa tedes dispoñible as convocatoria Erasmus, para prácticas este curso 2015/2016 e para estudos o curso próximo, 2016/2017.

Nos seguintes enlaces están as bases.

Prácticas: http://www.easd.es/gal/internacional/llp-erasmus/outgoing/practicas-smp

Estudos: http://www.easd.es/gal/internacional/llp-erasmus/outgoing/estudos-sms

Lede as bases antes de consultar dudas. A Oficina Internacional está á vosa disposición o luns de 15 a 19, o martes de 11.30 a 13.30, o xoves de 9.00 a 14.00 e o venres de 12.00 a 14.00

O venres ás 11.00 haberá unha reunión informativa para o alumnado interesado en prácticas (Ciclos e Estudos Superiores) e ás 11.30 outra para o alumnado interesado en estudos (so Estudos Superiores) no Salón de Actos da Escola.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria