Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

27/02/2015

EXPOSICIÓN | CENTO25, sinerxías creativas. A exposición que repasa na Casa do Cabido os 125 anos da Mestre Mateo.

EXPOSICIÓN | CENTO25, sinerxías creativas. A exposición que repasa na Casa do Cabido os 125 anos da Mestre Mateo.

CENTO25 SINERXÍAS CREATIVAS é a exposición que repasa a historia da Mestre Mateo e que foi inaugurada o pasado xoves na Casa do Cabido, nun acto no que participaron o Director da EASD Mestre Mateo, Santiago Riande Torres e o Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago, Agustín Hernández Fernández de Rojas.

O alumnado de 2º curso de Arquitectura Efémera, coordinado pola profesora Conchita Viñas leva a traballar dende principio deste curso para deseñar a proposta expositiva da que poderán disfrutar os visitantes que se acheguen ata a Casa do Cabildo. 

A partir da información proporcionada por Javier Vilariño que foi alumno, director e profesor da Escola, e da análise dos condicionantes deste edificio tan singular, o alumnado presentou diferentes propostas para cada unha das plantas do edificio. Estas propostas foron integradas baixo un mesmo fío argumental que convida ao visitante a percorrer os 125 anos de historia da Mestre Mateo ata chegar ao momento actual na última planta, na que se pode ver unha pequena mostra de traballos das especialidades que se imparten neste momento na Escola.

Libros, gravados, debuxos, estatuas, xoias, maquetas e material didáctico de diversa índole foron rescatados dos arquivos, salas, vitrinas e departamentos da Escola para amosar nesta exposición. Entre as pezas expostas están dúas tallas en mármore de 1901 e 1909, que son as máis antigas que se conservan das realizadas por alumnos da Escola.

Tamén se amosarán carpetas de láminas dos anos 20 e unha versión da primeira enciclopedia de ornamentación que existiu en Europa escrita por Owen Jones: La Gramática del Ornamento, publicada por primeira vez en 1856 e que se convertiu nunha importante ferramenta para a aprendizaxe das artes decorativas, mediante o estudo das diferentes culturas. O libro destaca polas ilustracións de ornamento chinés, hindú, árabe e de outras culturas, reproducidas co daquela innovador proceso de cromolitografía. Este libro está considerado como o libro de cabeceira de como mínimo, tres xeracións de arquitectos e artistas de todo o mundo (entre eles Le Corbusier). Na Mestre Mateo empregábase nas aulas para traballar o debuxo, servir como inspiración ao alumnado ou facer composicións e ornamentacións escultóricas. O visitantes poderán botar unha ollada a estes libros grazas as ideas dos deseñadores da exposición.






26/02/2015

MODA | Entrevista ó equipo Allways, representante da Mestre Mateo na Competición Nacional de Escuelas de Moda Talento & Co

MODA | Entrevista ó equipo Allways, representante da Mestre Mateo na Competición Nacional de Escuelas de Moda Talento & Co

O equipo Allways da EASD Mestre Mateo, integrado polas alumnas e exalumnas de Deseño de Moda Cristina Matos, Ana Rodríguez Rodríguez, Adriana Barreiro Angueira, Tania Martínez Lareo e Alba Redondas, inmortalizado a través dunha entrevista publicada esta semán pola organización da Competición Nacional de Escuelas de Moda Talento & Co, organizada por Trendipia e na que acadamos o segundo posto.

Achegamos a ligazón:
http://talentoandco.trendipia.com/entrevista-al-equipo-finalista-allways-de-la-escuela-easd/






20/02/2015

XORNADA | Presentación dos resultados do Proxecto Szing Sudoe

XORNADA | Presentación dos resultados do Proxecto Szing Sudoe

O próximo venres 20 de febreiro, de11:00 a 12:00 no Salón de Actos da EASD Mestre Mateo terá lugar unha presentación por parte de COINTEGA dos resultados do Proxecto Szing Sudoe, amosando as aplicacións das bases de datos das medidas da poboación española.

Este proxecto pretende favorecer a competitividade do sector téxtil, moda e confección no territorio SUDOE (España, Portugal e sur de Francia) a través da incorporación das medidas antropométricas da poboación aos procesos de deseño e patronaxe das coleccións.






11/02/2015

FOTOGRAFÍA | Conferencia Fotografía Documental con Manuel Valcárcel

FOTOGRAFÍA | Conferencia Fotografía Documental con Manuel Valcárcel

O pasado xoves 5 febreiro Manuel Valcárcel achegouse ata a EASD Mestre Mateo para falar de fotografía documental.

Manuel Valcárcel é un reporteiro galego que realizou numerosas reportaxes de fotografía documental dos que nos falou nesta conferencia. 3 destas reportaxes contaron coa financiación de Caixa Galicia.

O alumnado de Fotografía da EASD Mestre Mateo, aprendeu como plantexar un proxecto de reportaxe deste tipo: a procura de información previa, preprodución, produción, comunicación do traballo a institucións, financiamento...

A forma de traballar de Manuel Valcárcel é a de marcar o obxectivo a conseguir e ir solucionando tódolos problemas que van aparecendo, ata logralo.

Algún dos traballos dos que falou Manuel Valcárcel nesta conferencia foron unha reportaxe sobre tribus nómadas nos 5 Continentes, outra sobre os camiños de peregrinación entre Xerusalén e Santiago e outro sobre a Auga no mundo, os tres financiados por Caixa Galicia.

En contraste con estas grandes reportaxes tamén nos falou doutras de carácter máis local e menores dimensións como a realizada sobre un home senegalés que traballa de pastor nunha aldea do Courel.

Imaxe: Ana González Miranda + Carlos Rey González






07/02/2015

FOTOGRAFÍA | Colaboración co Centro de Recepción de Visitantes Val de Roxos-Camiño de Fisterra

FOTOGRAFÍA | Colaboración co Centro de Recepción de Visitantes Val de Roxos-Camiño de Fisterra

O pasado 19 de xaneiro, alumnado de 2º curso de Fotografía desprazouse ata Villestro para tomar imaxes para a Web do Centro de Recepción de Visitantes Val de Roxos-Camiño de Fisterra que se instalará na antiga escola unitaria de Villestro, rehabilitada polo taller de emprego Ecotur Santiago.

As imaxes realizadas polo alumnado da Mestre Mateo servirán para dar a coñecer a través da web do Centro o valor natural e turístico desta zona na que podemos atopar petroglifos, un tramo do Camiño Compostela-Fisterra e pequenos exemplos de arquitectura popular así como a igrexa de Santa María de Villestro.

Estas imaxes tamén formarán parte dunha exposición, cando se inaugure dito Centro.

O emprego de luz rasante con flashes sincronizados permiten apreciar a textura e o relevo das marcas dos petroglifos como o que ilustra esta actualización.

Imaxe: Marta Serrapio






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria