DE FOTÓGRAFO A FOTÓGRAFO
20 de febreiro · Salón de Actos da EASD Mestre Mateo
Xabier Fernández, Alejandro Novoa e Carlos Puga de COPIAS DE AUTOR, empresa de xestión de proxectos fotográficos achegáronse á Escola para amosar o seu traballo o mércores 20 de febreiro.
Fotografías Anxo Resúa 2ºB CSF Fotografía Artística - galería
Mércores 6 de febreiro ás 10:30 no Salón de Actos da EASD Mestre Mateo
Ponencia a cargo de Alberto Díaz "Bertitxi" titulada "Dirección de fotografía.Oficios do Cinema".
Gañador da mellor fotografía pola longametraxe Vilamor no New York City Film Festival (NYCFF 2012).
Traballou en sete longametraxes, entre outros traballos; dúas delas compiten para estar entre as nominadas na categoría de Mellor Dirección de Fotografía nos Premios Mestre Mateo 2013.
Luns 4 de febreiro, ás 11:20, no Salón de Actos da EASD Mestre Mateo
Charla coloquio a cargo de María Estévez, Directora Xeral de Olei, co título "Olei Aceite Gallego Oliva Virgen Extra. El diseño como línea de éxito."
Este luns María Estévez, Directora Xeral de Olei, expuxo a traxectoria da liña do deseño de Olei, desde a idea inicial ao posicionamiento do produto no mercado internacional. O encontro tivo lugar ás 11.20 h., no Salón de Actos da EASD Mestre Mateo.
Olei Aceite Gallego de Oliva Virgen Extra é un dos produtos máis innovadores en packaging e imaxe de marca no sector alimentario nacional. Cada peza de deseño segue unha liña converxente entre a materia prima e o mercado. A unión de ambos puntos establécese a través do deseño.
Do 1 ao 3 de febreiro (18 horas)
Taller de Xoiaría da EASD MESTRE MATEO
O xoieiro especialista na materia Carlos Reano impartiu este curso de pátinas e acabados especiais para metais non férricos, basicamente pensado para a realización de xoiaría, obxectos e pequena escultura.
Tratouse a preparación de solucións oxidantes ou pátinas, varias formas de aplicación, tipos de pulido e de proteccións.
Os obxectivos do curso eran que o alumno aprenda a preparar os produtos químicos necesarios para patinar; que aprenda os distintos modos de aplicación das pátinas (Pincel, inmersión, pulverización, contacto); que aprenda a pulir as pezas patinadas; e a preparar ceras e vernices de protección.