Dúas ex-alumnas da escola, Mónica Guillán e Carla López, estiveron presentes na Mercedes-Benz Fashion Week Madrid, cos seus respectivos stands dentro do espazo Ego.
Tanto Mónica Guillán como Carla López tiveron a posibilidade de amosar o seu traballo en Cibeles logo de gañar o premio á mellor colección en sendos desfiles celebrados a finais de 2011, a Galicia Fashion Week (Santiago) e Nordress (Ferrol).
Mónica Guillán amosou a súa nova colección "Girls don't cry" no Espazo Ego da Semana Internacional da Moda en Madrid. Pola súa parte, Carla López acudiu coa colección ‘Súa’, realizada para o Proxecto Final de Carreira.
EGO é a plataforma de xoves talentos da moda, organizada por IFEMA, que se celebra no marco da pasarela Cibeles, desde este ano rebautizada Mercedes-Benz Fashion Week Madrid.
A Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid entrevista á ex-alumna de moda Carla López, coa colección Súa. Entrevista completa na ligazón inferior.
http://www.mercedesbenzfashionweekmadrid.tv/entrevistas/modelos-en-el-cibelespacio/
Os alumnos de 1º e 2º curso co C.S. de Xoiaría Artística visitaron IBERJOYA, o "Salón Internacional de la Joyería, Platería, Relojería e Industrias Afines", que reuniu en Madrid a profesionais do sector e onde poideron ver as últimas tendencias en xoiaría. O salón reúne, ademais, as novidades en orfebrería e das industrias afíns ao sector xoieiro.
Tamén en IFEMA o alumnado do ciclo puido visitar BISUTEX, o "Salón Internacional de la Bisutería y Complementos".
Baixo o título 'El bosque animado', o número de inverno da revista Galicia de Moda recolle unha ampla reportaxe na que a ex-alumna de moda Pili Montes amosa a colección coa que se diplomou nos EE.SS. de Moda impartidos pola EASD Mestre Mateo.
O mesmo número da publicación recolle tamén un artigo en torno ao certame de moda Nordress, no que a tamén ex-alumna de moda Carla López recibiu o primeiro premio co seu proxecto final de carreira. Parabéns Carla!
CURSO DE PREVENCIÓN DA DOR LUMBAR
Venres 10 de febreiro, no Salón de Actos da Escola
Imparte a Clínica de Fisioterapia FISAM.