Luns 21 de febreiro ás 11:30 horas
Salón de Actos da E.A.S.D. Mestre Mateo.
“O Apostolo”, unha película de animación na que moitas disciplinas artísticas participan.
Relatora: Isabel Rey (Produtora executiva); convidados técnicos da película.
O vindeiro luns 21 de febreiro ás 11:30, a produtora executiva da película “O Apóstolo”, Isabel Rey, expón na EASD Mestre Mateo un traballo fílmico marabilloso, no que participan moitas disciplinas artísticas. O acto sitúase dentro das xornadas de encontro entre profesionais da Escola. Nesta ocasión os asistentes poderán coñecer os detalles do proceso de realización, bocetaxes e pezas orixinais da película feita en Galicia. Tamén interverán técnicos da película.
O APÓSTOLO é unha película de animación “Stop-motion” creada en Galicia pola productora ARTEFACTO e que dende o traballo de moitos artistas e a dedicación de moito tempo é capaz de recrear con pequenas pezas grandes mundos marabillosos.
ISABEL REY, produtora executiva da película, leva traballando neste eido moitísimos anos. Unha traxectoria moi longa no mundo da animación desde a que transmitirá todos eses detalles de como se roda unha película desta magnitude e fará comprender ao alumnado vinculado co mundo das artes plásticas as realidades desta industria.