Os alumnos de Xoiaría: Roi Iglesias Lorenzo e Lidia Arias Suárez, deseñaron e realizaron estas dúas pezas para recaudar fondos para a investigación sobre o cancro de ovario.
Ben orgullosos que estamos do noso alumnado!
O pasado 17 de decembro un grupo de alumnos e alumnas de Deseño de Moda, acompañados polo profesor José Luis Louzao fixeron unha visita didáctica a Ordes
A primeira visita foi a Viriato S.A. empresa de xéneros de punto, que fabrica ciclo completo de prendas desde o deseño a comercialización.
A segunda visita do día foi a Confecciones Furelos S. L, empresa fundada en 1997, taller externo de confección especializado en prendas de señora xeneralmente vestidos e pantalón.
Xa pola tarde, visitaron o museo do traxe Juanjo Liñares, acompañados polo seu director D. Manuel Viqueira, que explicou en primeiro lugar a biografía de Juanjo, coreógrafo e bailarín nado en Ordes e que desenrrolou a súa carreira e vida profesional en Madrid. Despois mostroulles a a sala de traxe rexional, para de seguido pasar polas exposicións de monecas e traxes de celebrities, como Antonio Gades ou Rocío Jurado, ademais da explicación abriu as vitrinas para ver de cerca e en algúns casos ata tocar certas pezas que os alumnos solicitaban.
A EASD Mestre Mateo convoca a segunda edición do Concurso de Creación dun Spot Publicitario, á que poden presentarse alumnos e exalumnos da Escola.
Animádevos, o premio son 400€.
Esperamos os vosos vídeos.
Consulta as bases: http://www.easd.es/documentos/BASES-CONCURSO_gal.pdf
Inaugurada en Betanzos a mostra "Miradas que hablan", de Esteban de la Iglesia e Manuel Suárez (exalumnos de Fotografía Artística)
Despois do 15 de xaneiro a mostra viaxará a Santiago.
Podedes coñecer algo máis do proxecto neste enlace: http://goo.gl/z3ZQ9m
Alumnado de 1º, 2º e 3º de Produto asistiu o pasado 11 de decembro na Coruña á conferencia de Humberto Campana, no marco do proxecto CIDEA.
Alí coñeceron de primeira man como é o proceso creativo dos irmáns Campana, caracterizado por pensar coas mans e inspirarse a partir dos materiais.