Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

10/12/2013

MODA | A ex-alumna Marga Arosa gañadora do Certamen de Jóvenes Creadores da Comunidad de Madrid

MODA | A ex-alumna Marga Arosa gañadora do Certamen de Jóvenes Creadores da Comunidad de Madrid

A ex-alumna de Deseño de Moda Margarita Arosa Silva alzouse co 1º Premio do Certamen de Jóvenes Creadores pola Especialidade de Moda convocado pola Comunidad de Madrid.

Marga Arosa, natural da localidade pontevedresa de Combarro, pertence á 3ª promoción dos EE.SS. de Deseño de Moda da EASD Mestre Mateo. A deseñadora viaxou a Madrid o pasado 4 de decembro a recoller o galardón, onde se celebrou a gala de entrega de premios.

Desde a EASD queremos felicitala e animala a seguir colleitando éxitos. Felicidades Marga!!!






01/12/2013

MODA | A Cidade da Cultura acolle con éxito a 4ª edición de Despunte

A ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO MESTRE MATEO CELEBROU ESTE SÁBADO O DESFILE DESPUNTE. O EVENTO AMOSOU CON ÉXITO OS PROXECTOS FINAIS DE CARREIRA DUN TOTAL DE 8 ALUMNOS/AS DA 4º PROMOCIÓN DOS ESTUDIOS SUPERIORES DE DESEÑO DE MODA.

A EASD Mestre Mateo celebrou onte con éxito o desfile DESPUNTE, para amosar os traballos dos Proxectos de Fin de Carreira correspondentes á 4ª promoción dos Estudios Superiores de Deseño de Moda.

Máis de 600 persoas puideron admirar o traballo de Eva Bouzas, Irene Varela, Luisa Garrido, Olaia Yáñez, Óscar González, Paula Pájaro, Sandra Fuente e Vanessa Piñeiro, quenes amosaron os seus deseños na pasarela que se instalou para este cometido na Cidade da Cultura.

Un xurado formado por deseñadores de destacadas empresas galegas no sector da Moda integrado por Inés Taboada de Caramelo, Susana Añón de Alba Conde, Iria Campos de Inditex e Adriana Bregua de Pull&Bear, elexiu a mellor colección das presentadas, que recaeu sobre Óscar González. O xoven deseñador recibiu o premio de mans da bloguera Vega Royo-Villanova, quen ademais de bloguera exerce de embaixadora de distintas firmas relacionadas co sector do luxo e a cosmética, é musa de distintos deseñadores nacionais, Xurado de recoñecidos premios, líder de opinión e consultora de moda.

O alumnado de 3ª curso da escola foi o encargado de abrir o acto co desfile Miscelánea, unha escolma dos traballos realizados na EASD Mestre Mateo.

Agradecemos a colaboración da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Galicia Calidade, Atesanía de Galicia e a Xunta de Galicia para a organización deste evento, e gustaríanos destacar especialmente a colaboración do alumnado do C.M. de Estética Personal Decorativa do IES Lamas de Abade, quen pasou toda a tarde do día de onte traballando no backstage para ocuparse dos peiteados e a maquillaxe dos e das modelos que desfilaron cos estilismos do noso alumnado. Tamén agradecemos a colaboración do alumnado do C.S. de Fotografía Artística da EASD Mestre Mateo, que se encargou da cobertura do evento.

Despunte nos medios:

  • http://www.youtube.com/watch?v=gk3fgSjMHik
  • http://www.crtvg.es/informativos/santiago-acolleu-un-desfile-de-novos-desenadores-708074
  • http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/11/30/mestre-mateo-promociona-titulados-desfile/0003_201311S30C59912.htm
  • http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/alumnos-easd-mestre-mateo-suben-pasarela/idEdicion-2013-11-30/idNoticia-839993/
  • http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/jovenes-disenadores-hacen-santiago-capital-moda/idEdicion-2013-11-27/idNoticia-839311/
  • http://ocioengalicia.com/santiago/despunte-2013/
  • http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=15643
  • http://santiagodecompostela.portaldetuciudad.com/es-es/noticias/la-it-girl-y-popular-bloguera-vega-royo-villanova-apoya-la-moda-y-la-joyeria-gallegas-santiagodecompostela-006_2_7_437751_68.html

 






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria