Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

24/12/2010

MODA | Premios no 'Singular Stop 5 - Fashion Festival'

MODA | Premios no \'Singular Stop 5 - Fashion Festival\'
Dúas alumnas da E.A.S.D. MESTRE MATEO, Lucía Framil e Cristina Matos, foron as gañadoras nas dúas categorías de concurso de deseño de moda na quinta edición do Singular Stop Fashion Festival, que se celebrou na Coruña para acoller as propostas dos creadores independentes da moda galega.

Lucía Framil foi a gañadora do premio á mellor colección no espazo Stop Emerxentes, coa súa colección Soidade Gótica, para novos valores do deseño.

Pola súa banda, Cristina Matos foi a gañadora do espazo Corrente Alterna, espazo dirixido a estudantes de deseño, onde presentaban un estilismo.

Singular Stop Festival é unha plataforma multicultural das novas tendencias contemporáneas.
Busca a xeración e proxección do deseño independente a través de fashion-shows nos que non existen limitacións conceptuais e onde os deseñadores teñen absoluta liberdade á hora de presentar o seu traballo, buscando o progreso, proceso do deseño, as súas tendencias, comportamentos e innovacións.

O Singular Stop Fashion Festival celebrouse o pasado venres 18 de decembro na Sala O Túnel, do Coliseum da Coruña.

ver desfile de Lucía Framil






15/12/2010

PRODUTO | 'María, deseño da cadeira' por Elías Cueto

PRODUTO | \'María, deseño da cadeira\' por Elías Cueto

Mércores 15 de decembro ás 11:30 horas

Salón de Actos da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo


María, deseño da cadeiraElías Cueto, arquitecto e deseñador de produto.

 

O mércores 15 de decembro ás 11:30, o arquitecto Elías Cueto expón na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela o traballo de deseño da cadeira “María”. O acto sitúase dentro das xornadas de encontro entre profesionáis do deseño e alumnos da Escola. Nesta ocasión os asistentes poderán coñecer os detalles do deseño e ver os prototipos orixináis desta cadeira deseñada e fabricada en Galicia de xeito artesanal.

 

MARIA é unha cadeira apilable pensada para o ámbito doméstico. De aspecto sinxelo e coidado deseño, constrúese con só 9 pezas de Madeira maciza de castaño e sen cravos ou pezas metálicas de ningún tipo. Foi presentada con éxito o pasado outubro no Roteiro de Creación 2010 celebrado en Santiago de Compostela.

 

ELÍAS CUETO é arquitecto e traballa no eido do deseño de mobiliario con empresas como “Sedes,-is” ou “Iocus”. Entre as súas creacións atópanse a farola “palo” ou o banco “bikini”. Colaborador dos premios nacionáis de arquitectura Manuel Gallego Jorreto e Guillermo Vázquez Consuegra, traballa en Santiago de Compostela dende o ano 2007.

 

Dunha parte a Carpintaría GESTOSO e doutra a empresa adicada ao suministro de madeira de castaño EXFOPINO fixeron posible o deseño e fabricación da cadeira María. Trátase dunha peza de mobiliario de deseño moderno e gran calidade. Feita de xeito artesanal en Galicia con madeira autóctona e man de obra local.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria