Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

07/12/2009

MODA E XOIARÍA | Participación da Escola na Semana da Moda de Galicia

A EASD Mestre Mateo participa na Semana da Moda de Galicia - Galicia Fashion Week, que se desenvolverá no MACUF de A Coruña, a partir do próximo 10 de decembro.

A Semana da Moda de Galicia confórmase en varios espazos:

  • Pasarela Galicia Moda, deseñadores e firmas galegas
  • Pasarela Galicia Xoia, deseñadores e firmas galegas
  • Zona E, firmas emerxentes galegas, nacionais e internacionais
  • Corrente Alterna, dirxida a estudantes de escolas de deseño

Días 10, 11 e 12, ás 20:00 no MACUF (A Coruña)

O venres 11, desde as 20:00 horas terá lugar a presentación das propostas tanto do Espazo Zona E como a de Corrente Alterna. Nesta última, dirixida a estudantes de escolas de deseño, participan alumnos da EASD Mestre Mateo, tanto na sección de Moda como na de Xoiaría.

No Espazo Zona E, dirixido a deseñadores emerxentes nacionais e internacionais participan os alumnos da Escola:

  • Celia Álvarez
  • Isabel Piñar
  • Noelia Pose
  • Renata Uzal

Ademais, do 10 de decembro ata o 31 de decembro de 2009 poderase visitar a exposición colectiva "Galicia Arte en Xoiaría", formada polos traballos presentados durante a Semana da Moda de Galicia.

 






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria