Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

25/04/2018

ERASMUS+|PROFESORADO

ERASMUS+|PROFESORADO

Sandra García, profesora de Deseño de Moda, segue a enviar imaxes de Alemania. 
Hoxe: Escola de deseeño de moda e téxtil. Moenchengladbach.
"Cidades con moita historia téxtil dende a revolución industrial. Na escola aprenden todos os procesos, dende a creación do fío, a creación de tecido en diferentes teares, probas químicas, estampacion manual e dixital, tecido en impresión 3d,... escáner de corpo, talleres de confección, marcada dixital,.... e tamén docentes que axudan a canalizar unha creatividade para aportar frescura as empresas téxtiles que se atopan en Alemania, que non son poucas."






23/04/2018

ERASMUS+|PROFESORADO

ERASMUS+|PROFESORADO

Sandra García, profesora de Deseño de Moda, anda estes días en Alemania e nos envía estas imaxes do Campus de Krefeld onde se imparte Deseño de producto. 
Fachhochschule Niederrhein.

Alí visitou talleres de cerámica, madeira, metal, gravado, estampación, impresoras 3d,... 
A súa impresión é que "se trata dunha Escola onde teñen moi presente o factor artístico e manual, pero con intención de poder producir obxectos de calidade tanto en deseño como en fabricación. 
Nótase que é una escola de arte, pero con intención de facer calidade funcional e estética."






22/04/2018

ESCULTURA+ DOURADO| VISITA A SAN MARTÍN DE FOZ E ESPAZO CARITEL

ESCULTURA+ DOURADO| VISITA A SAN MARTÍN DE FOZ E ESPAZO CARITEL

A semana pasada, alumnado e profesorado do CS de Técnicas Escultóricas e do Modular de Dourado e Policromía, viaxaba a Foz para visitar o Espazo Caritel e a Basílica de San Martín de Mondoñedo, en Foz.
O escultor Daniel Río Rubal "Caxigueiro" foi o anfitrión no percorrido polo seu estudo e completaron a saída cunha visita guiada pola basílica de San Martin de Mondoñedo, considerada como a catedral máis antiga de España.






20/04/2018

CHARLA-COLOQUIO | MARÍA BARROS

CHARLA-COLOQUIO | MARÍA BARROS

Venres 20 de abril - 11h. | Salón de actos da EASD Mestre Mateo

Xoven deseñadora galega con proxección internacional

Estudou Deseño de Moda no Istituto Europeo di Design de Milán, cuxa tese lle dirixiu a directora de Vogue Italia, Franza Sozzani. Premio “Moët&Chandon Toung Fashion Award” á mellor deseñadora xove europea. Ten traballado para deseñadores como Roberto Cavalli, Modesto Lomba ou Pupi Solari. Actualmente traballa na súa propia firma. Participante na Semana da Moda de Milán, na Pasarela Gaudí, na Mercedes-Benz Fashion Week...

 






19/04/2018

AUDIOVISUAIS| PRÁCTICAS EN EMPRESAS. PROFESORADO

AUDIOVISUAIS| PRÁCTICAS EN EMPRESAS. PROFESORADO

Practicas en empresas, tamén para profesorado. 
A profesora de audiovisuais Raquel Anta está estes días en Madrid facendo unha estadía en empresa, o equivalente para profes das prácticas de formación. 
A empresa é unha productora audiovisual madrileña chamada Patito
(https://www.facebook.com/patitoproducciones/). Podedes chequear o seu traballo en Vimeo: https://vimeo.com/patitoproducciones






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria