Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

28/04/2017

CONVOCATORIA DO III CERTAME PARA REALIZACIÓN DUN SPOT PUBLICITARIO. RESOLUCIÓN

O xurado formado por Elisa González Penas, Alberto Urrutia Salgado, Beatriz Díaz Ocampo (profesores da EASD Mestre Mateo) e Diego Carracedo, Doctor en comunicación, Consultor e divulgador en temas de Branding, Design Thinking e Project Presentation acordou declarar deserto o III Certame para a realización dun spot publicitario, convocado polo departamento de Promoción das Ensinanzas.

Tal como se establece nas bases da convocatoria, os e as participantes foron informados telefónicamente desta resolución.






23/04/2017

MODA | A alumna María Vázquez, primeiro premio xunto a Teresa Búa na Mostra do Encaixe de Camariñas

MODA | A alumna María Vázquez, primeiro premio xunto a Teresa Búa na Mostra do Encaixe de Camariñas

María Vázquez, alumna de 3º curso das EE.AA.SS. de Deseño de Moda, xunto a Teresa Búa, alzouse co primeiro premio na 27ª edición do certame de deseñadores noveis que se celebra durante a Mostra do Encaixe de Camariñas. Baixo o título de Verde, superverde, o dúo presentou unha colección inspirada no filme El Quinto Elemento.

Máis información:

Fotografía: Xesús Búa






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria