Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

28/04/2015

ACCESO 2015 | Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2015/2016

Publicadas no DOG as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2015/2016. Podedes atopar toda a información a través da seguinte ligazón:

INSTRUCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN ALUMNADO EE.SS. DESEÑO CURSO 2015/2016

Solicitude de inscrición 

INSTRUCIÓNS REALIZACIÓN PROBA DE MADUREZA PARA ASPIRANTES SEN TÍTULO DE BACHARELATO

Solicitude de inscrición para a proba de madureza para maiores de 19 anos sen título de bacharelato

 

  • PRAZO DE INSCRICIÓN (tanto para a proba específica, para a proba de madureza no caso de non ter título de bacharelato, coma no caso de acceso directo): ATA O 28 DE MAIO DE 2015.
  • HORARIO DAS PROBAS:
    • Proba madureza: IES As Fontiñas (Santiago de Compostela), 05 de xuño 2015, de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00
    • Proba específica: EASD Pablo Picasso (A Coruña), 19 de xuño de 2015, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00
  • PRAZO DE MATRÍCULA para o alumnado de novo ingreso nas Ensinanzas Superiores de Deseño: do 03 ao 14 de xullo de 2015.





28/04/2015

EXAMES | Publicadas as datas dos exames finais de Deseño de Moda e Deseño de Produto -convocatorias ordinaria e extraordinaria-

EXAMES | Publicadas as datas dos exames finais de Deseño de Moda e Deseño de Produto -convocatorias ordinaria e extraordinaria-

Nestas ligazóns podes descargar os calendarios de exames finais para este curso, tanto da convocatoria ordinaria, como extraordinaria:

EXAMES FINAIS MODA | 1º, 2º e 3º

EXAMES FINAIS PRODUTO | 1º, 2º e 3º (ACTUALIZADO 05/05/2015)

EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA | DESEÑO DE MODA E DESEÑO DE PRODUTO - 4º






14/04/2015

PRODUTO | Ramón López Mera, deseñador de produto formado na Escola Mestre Mateo entrevistado en el Correo Galego para falar dun dos seus deseños

PRODUTO | Ramón López Mera, deseñador de produto formado na Escola Mestre Mateo entrevistado en el Correo Galego para falar dun dos seus deseños

Ramón López Mera, que rematou fai uns anos os seus estudos de Deseño de Produto na EASD Mestre Mateo fala nesta entrevista publicada en El Correo Gallego de como foi quen de resolver o problema plantexado polo seu xefe: conseguir que un prato co fondo inclinado que permite comer a sopa sen inclinalo fose apiable, para a seu emprego en hostelería.

De certo que o público obxectivo deste deseño útil e estético non é Mafalda, non si?






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria